As turborrotondas baixan un 55% os accidentes de tráfico

O alcalde de Vigo xa anuncia que estenderá o modelo a outras glorietas da cidade, grazas a un "éxito magnífico" da experiencia.


|

Volante coche condutor


As chamadas 'turborrotondas' supuxeron un descenso medio do 55 por cento na sinistralidade rexistrada nas glorietas da cidade de Vigo, segundo afirmou este luns o alcalde, Abel Caballero, quen anunciou que se implantará unha nova 'turborrotonda' no cruzamento entre García Barbón e Rosalía de Castro.


Segundo explicou o rexedor olívico en rolda de prensa, estas medidas de tráfico, que consisten basicamente en sinalizar mediante liñas continuas os carrís obrigatorios e distribuír os fluxos de tráfico uns metros antes de chegar ás glorietas, está a supoñer "un éxito magnífico", porque contribúen a mellorar a fluidez da circulación e a seguridade dos condutores.


Caballero afirmou que a media do descenso de accidentes é do 55 por cento, aínda que hai glorietas nas que a sinistralidade descendeu ata un 76 por cento, como a que está entre a Avenida de Castrelos e a Avenida de Portanet.


Ás 'turborrotondas' de Castrelos, Castelao, Gran Vía, Jenaro de la Fuente, Beiramar-Avenida da Coruña, Samil-Avenida de Europa, e Navia sumarase proximamente a de Rosalía de Castro con García Barbón. Ademais, Caballero explicou que os técnicos "están a estudar" a implantación doutra destas glorietas na chamada Praza do Bicentenario (o cruzamento entre Venezuela, Camelias e Marqués de Alcedo), fronte ao Concello.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE