​O PP censura que Caballero teña a policía local "baixo mínimos"

O edil Diego Gago culpa ao alcalde de que existan decenas de prazas sen cubrir na cidade.


|

Policialocalgalicia


O grupo municipal do PP denunciou este mércores o "absoluto abandono" da Policía Local por parte do goberno de Vigo, e lamentou que o alcalde, Abel Caballero, "vaia a Madrid a falar das Policías Locais" e a "facerse fotos" con outras forzas e corpos de seguridade, mentres o persoal da policía viguesa esta "baixo mínimos".


Así o manifestou en rolda de prensa o edil Diego Gago, quen sinalou que, desde que Caballero é alcalde, hai 28 policías locais menos na cidade, e deixaron de convocarse 37 prazas, das OPE de 2012, 2015, 2016 e 2017.


Por iso, criticou que Caballero, como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), reclame ao Goberno central que os concellos poidan completar o cento por cento dos seus persoais de Policía Local cando o de Vigo ten decenas de prazas por cubrir.


A iso, abundou, súmanse outras deficiencias, como o feito de que só haxa 16 chalecos antibalas para máis de 300 axentes, a necesidade de máis vehículos para o servizo de Atestados, ou a necesidade de renovar os coches destinados á EVAP.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE