​Xunta e municipios ven como un agravio a proposta de Montoro sobre a débeda autonómica

|

Montoro tribuna congreso


O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu este xoves de que "calquera redución de débeda a calquera institución" debe "pasar previamente" por reestruturar a dos concellos e entidades locais, en lugar de premiar os "ineficientes".


Nunha rolda de prensa, e ante o anuncio por parte do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, de que podería haber quitas de débeda de comunidades autónomas, Abel Caballero subliñou que o Goberno "primeiro ten que atender as necesidades de concellos e deputacións", que están "infrafinanciados, teñen escaseza de recursos, un sistema financeiro obsoleto e raquítico".


Por outra banda, esixiu que aquelas entidades que teñan as contas saneadas, reciban unha compensación proporcional á quita que se produza a outras entidades.


"Se a mensaxe é que aos ineficientes se lles perdoa a débeda, imos mal", afirmou Caballero, quen avanzou que solicitará unha entrevista con Montoro e que, se este non o recibe ou non responde de maneira positiva ás súas reclamacións, convocará "unha gran reunión de alcaldes" para trasladarlle ao goberno a posición das entidades locais.


"NON O TOLERAREMOS"


Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta avisou de que Galicia mantén o seu rexeitamento a que comunidades "incumplidoras" poidan recibir "un trato de favor" coa débeda. "Non toleraremos que se nos coloque nunha situación peor que quen non cumpriron e non foron responsables no manexo do diñeiro público", advertiu.


Na liña do manifestado por Núñez Feijóo, Rueda reafirmouse en que a postura da Xunta non variou. "Sempre dixemos que non estabamos de acordo en que reciban o mesmo trato aqueles que non tiveron un comportamento responsable que os que si o tivemos. Non estariamos de acordo nin con quitas nin cun trato preferente a quen menos o merece", advertiu.


relacionada ​Montoro ábrese a perdoarlles ás comunidades créditos que Galicia apenas aproveitou
relacionada ​O PSOE esixe que Montoro lles entrege ás comunidades os 4.700 millóns comprometidos
relacionada ​O financiamento autonómico vai camiño de se converter nunha "guerra" entre territorios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress