A guerra do presidente do Celta contra Caballero esconde intereses políticos e económicos
A confrontación desatada polo presidente do Celta contra o Concello de Vigo aumenta. Carlos Mouriño cumpriu este mércores a súa ameaza e evitou sentar á beira de Abel Caballero (PSOE) no palco durante o partido que os celtiñas empataron onte co Barcelona en Balaídos (2-2). Caballero non se amedrenta e responde, nun episodio máis dunha guerra con intereses partidarios e económicos.
A confrontación desatada polo presidente do Celta contra o Concello de Vigo aumenta. Carlos Mouriño cumpriu este mércores a súa ameaza e evitou sentar á beira de Abel Caballero (PSOE) no palco durante o partido que os celtiñas empataron onte co Barcelona en Balaídos (2-2). Caballero non se amedrenta e responde, nun episodio máis dunha guerra con intereses partidarios e económicos.
Mouriño, Caballero e Silva no centro da imaxe nun pasado acto
Antes do encontro, o mandatario celeste pasou de saudar ao alcalde e sentou deixando un asento polo medio. Foi incluso mais alá e advertiu á presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva (PSOE) de que non ocupase as prazas que lle corresponden a el como presidente.
O conflito, que era en principio de raíz deportiva, a xestión do vetusto estadio municipal de Balaídos, derivou nunha pelexa política con claros intereses económicos polo medio.
Mouriño, propietario de Sociedade Anómina Deportiva que é o Celta, pretendía que o Concello lle traspasase Balaídos, inmoble público de gran valor por estar na zona urbana. Ameazou mesmo con vender o club a un investidor estranxeiro se o Concello non aprobaba este pelotazo urbanístico.
As negociacións que xurdiron a continuación pasaban porque o Concello conservase a titularidade de Balaídos, pero cedese á SAD a xestión do estadio a cambio dun canon, ao parecer un millón de euros por ano.
Parecía que ía haber acordo, pero, con todo, o plan anunciado polo Celta para construír unha cidade deportivo - comercial no veciño Concello de Mos. Un plan que conta con o apoio da Xunta.
Sospéitase que Mouriño quere ir ampliando o estadio que constrúa en Mos para, aos poucos, cumprir a súa ameaza de levar ao Celta fóra de Vigo a unha instalación que mesturará deporte con zonas hostaleiras e comerciais.
O Concello de Vigo presentou alegacións ao proxecto de Mos. Alega, entre outros puntos, que prexudicará á economía da cidade, ao ter que pagar Vigo infraestruturas millonarias para o acceso e a subministración de auga.
A directiva do Celta aumentou máis a tensión ao pagar anuncios na prensa local cualificando ao edil como unha persoa incapaz. Unha escalada con clara intencionalidade a un ano das eleccións locais. Ademais, en Mos gobierna o Partido Popular de Galicia mentres Caballero é o edil máis importante do PSOE , presidente tamén da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
O PP de Vigo e a Xunta apoian sen fisuras ao empresario Mouriño. "O Celta e os celtistas senten traizoados" asegurou onte a líder conservadora local. A ex-conselleira Elena Muñoz di que Abel Caballero é o único responsable da ruptura das negociacións.
A resposta de Caballero foi contudente, non se deixa intimidar. "Seguirei indo ao palco, estarei no próximo e en todos os partidos. Dentro de 10 anos seguirei sendo alcalde, ocupando o palco e apoiando ao Celta", advirte antes de dicirlle a Mouriño que "ao palco vaise apoiar ao Celta, e os que crean que van a outra cousa equivócanse".
Escribe o teu comentario