23 contratos por valor de máis de 25 millóns de euros

O PP de Vigo alerta dunha avalancha de contratos para burlar a nova lei

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns a "febre de contratacións" do goberno de Abel Caballero que, en só sete días (entre o 1 e o 6 de marzo), licitou 23 contratos por valor de máis de 25 millóns de euros, "co único obxectivo de esquivar a nova lei de contratos".


|

O PP critica a


O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este luns a "febre de contratacións" do goberno de Abel Caballero que, en só sete días (entre o 1 e o 6 de marzo), licitou 23 contratos por valor de máis de 25 millóns de euros, "co único obxectivo de esquivar a nova lei de contratos".

Nunha rolda de prensa, o edil 'popular' Miguel Fidalgo, sinalou que, nesa semana, celebráronse catro xuntas de goberno extraordinarias para realizar esas contratacións e "librarse" da nova normativa, que é "moito máis transparente que a anterior" e dá "máis facilidades" ás empresas para optar ás adxudicacións.

Segundo sinalou o concelleiro, en todo 2017 licitáronse contratos por valor duns 60 millóns de euros, mentres que, a primeiros de marzo e "en só unha semana", pecháronse contratos por 25,6 millóns de euros.

Ademais, engadiu que algúns deses contratos "non tiñan présa" e puxo como exemplo a adxudicación do Belén para o próximo Nadal, ou a concesión dos aparcadoiros de Jenaro de la Fuente e Avenida de Castelao (pendente dun recurso interposto polo Grupo Puentes, que podería modificar as circunstancias da devandita concesión).

"Botamos de menos esta dilixencia para outras cousas", afirmou Miguel Fidalgo, quen augurou que, unha vez pasada esta "febre de contratación", virá un "parón" e unha "seca" nas adxudicacións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE