O rexedor vigués converteuse nun reclamo para as televisións de toda España. Os espazos humorísticos están sempre á espera das últimas declaracións do mandatario olívico, que non adoitan deixar a ninguén indiferente. Outro ano máis, o Nadal en Vigo parece que vai encher as rúas de xente e de titulares os xornais.
Dos máis de 75.000 euros/ano que recibe Abel Caballero aos cero euros que din cobrar 11 alcaldes galegos, pasando polo secreto de Ourense, que non dá información
O rexedor vigués concede unha entrevista na que debulla a súa relación co Celta e afirma que o club celeste está "dirixido" polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e non polo presidente da entidade, Carlos Mouriño.
Vigo empezou a colocar as luces no verán, a pesar de que a iluminación terá lugar o próximo 23 de novembro.
Corina Porro, delegada da Xunta en Vigo, compareceu ante os medios vestida coa camiseta do Celta de Vigo e cargou contra o goberno municipal liderado por Abel Caballero. Porro tachou de “chapuza” a reforma do coliseo celtiña infestada de “erros, sobrecustos, atrasos, e reformas das reformas”.
Os veciños de Ons e Abel Caballero levantáronse en armas contra a candidatura propulsada pola Xunta de Galicia para declarar á Illa de Ons, xunto o resto de Illas Atlánticas, como Patrimonio da Humanidade pola Unesco, un título ao que se opoñen os veciños que afirman non ser consultados previamente.
O rexedor vigués mostrouse claro ante a posibilidade de que o executivo galego, presidido por Alberto Núñez Feijóo, recorte partidas destinadas aos municipios galegos no caso de que o Goberno de España non desbloquee os 700 millóns que reclama a Xunta. “Que nin se lle ocorra quitar diñeiro aos concellos”, advirte o alcalde de Vigo e presidente da FEMP.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero confirmou este martes que remitirá unha carta ao presidente Feijóo co fin de reclamar á Xunta que participe "na mesma medida que Concello e Deputación" na remodelación da bancada de Marcador do estadio municipal de Balaídos, o que supoñería un desembolso de 5 millóns para o goberno galego, a mesma cifra que achegan o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. .
Os bombeiros de Vigo iniciaron unha folga indefinida que pon en dúbida o servizo antiincendios da cidade olívica e, por conseguinte, a seguridade dos cidadáns vigueses. Desde o sector denuncian que existe unha importante falta de persoal nos persoais dos parques de bombeiros, obrigándoos a realizar horas extra de forma “masiva” e anular as súas vacacións para poder cubrir as carencias de profesionais. Piden negociar ao goberno local, que se mostra tranquilo.
Aos poucos segundos o edil demostrou ser capaz de gardar o equilibrio e mesmo adoptou a típica postura dos skaters.