Abel Caballero reclama diñeiro á Xunta por Balaídos mentres Mouriño volve cargar contra el
O alcalde de Vigo, Abel Caballero confirmou este martes que remitirá unha carta ao presidente Feijóo co fin de reclamar á Xunta que participe "na mesma medida que Concello e Deputación" na remodelación da bancada de Marcador do estadio municipal de Balaídos, o que supoñería un desembolso de 5 millóns para o goberno galego, a mesma cifra que achegan o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. .
O alcalde de Vigo, Abel Caballero confirmou este martes que remitirá unha carta ao presidente Feijóo co fin de reclamar á Xunta que participe "na mesma medida que Concello e Deputación" na remodelación da bancada de Marcador do estadio municipal de Balaídos, o que supoñería un desembolso de 5 millóns para o goberno galego, a mesma cifra que achegan o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.
O Celta de Vigo non está satisfeito coas reformas do seu estadio
Caballero di estar "encantado" de que membros de la Xunta e do PPdeG acudan ao palco de Balaídos a presenciar os partidos do Real Club Celta, aínda que estaría "máis encantado" se desde a Xunta cofinanciasen a reforma. “Vir aos palcos está moi ben, pero sen investimento eu non os comparto”, declarou Caballero.
Do mesmo xeito, recalcou que o investimento autonómico en canto a infraestruturas deportivas na cidade olívica foi de "cero euros" desde que Feijóo é presidente. "É unha petición oficial e tomarei decisións (se non hai resposta ou se a resposta é negativa)", precisou o alcalde de Vigo.
REFORMA CON POLÉMICA
A pesar do investimento, desde o club celeste non están nada satisfeito cos resultados da reforma. Especialmente descontentos están coa disposición dos asentos en Río Baixo, onde a distancia entre unha fila e outra de asentos é mínima e foi moi criticada tanto polo club como polos afeccionados celtiñas.
En idénticos termos expresouse o presidente da entidade celeste Carlos Mouriño, que leva anos enfrontado ao alcalde de Vigo. “A colocación dos asentos de Río non ten solución”, declarou Mouriño, constatando así que os afeccionados desa zona do campo pasarán un ano moi incómodo, con butacas que non chegan aos 20 centímetros de separación entre unha fila e outra.
“Non é aceptable que as novas cubertas non che cubran nin do sol nin da choiva, que non haxa ascensores en Río nin en Tribuna, que se sigan asolagando os vestiarios, que non existan boas saídas de evacuación e que non haxa o sistema de luz esixido pola UEFA e A liga", lamenta o presidente do Celta noutro novo episodio na guerra entre concello e club.
Escribe o teu comentario