"Move máis xente o Nadal de Vigo que o Camiño de Santiago" presume Caballero ao presentar a 'rúa Frozen'

Disney converterá a rúa Progreso na "Rúa Frozen", con iluminación e animación especial

|

Que Frozen é un fenómeno de masas e que o próxima estrea da segunda parte será un acontecemento mundial é algo que só poden ignorar aqueles que non conviven con nenos. Vigo aprovéitase do seu tirón para promocionar a súa polémica iluminación do Nadal e o seu alcalde, de paso, para alimentar a guerra que mantén coa Xunta, agora co pretexto do Xacobeo. 


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres un acordo alcanzado entre o Concello olívico e The Walt Disney Company Iberia, de maneira que a multinacional converterá a rúa Progreso na "Rúa Frozen", con motivo da estrea da segunda parte desta taquillera película de animación.



Abel cabaleiro loces de nadal vigo

Caballero acendendo as luces de Nadal o ano pasado


Nunha rolda de prensa, o rexedor, quen asegurou que o Nadal vigués "move máis xente que o Camiño de Santiago", avanzou que Disney encargarase da iluminación e animación desa rúa, e que Vigo acollerá a preestrea nacional de Frozen 2, o 20 de novembro nos cinemas de Praza Elíptica (ao que se poderá acudir con invitación). Ademais, o 21 de decembro haberá un pase especial para colectivos sociais de atención a "nenos desfavorecidos".

UNHA RÚA PARA A PELÍCULA DE ELSA E ANA
Abel Caballero, matizou que o convenio con Disney ten coste económico "cero" para o Concello e explicou tamén que o aceso inaugural da Rúa Frozen será o sábado 23 de novembro, unha hora despois de que se realice o acto de aceso en Pórtaa do Sol.

COMPARACIÓN CO CAMIÑO DE SANTIAGO
Durante a rolda de prensa, o rexedor olívico ha volto a poñer en valor a repercusión da campaña do Nadal da cidade, e sinalou que "move máis xente o Nadal de Vigo que o Camiño de Santiago", tal e como, afirmou, comentoulle nas últimas horas o presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla.

O alcalde de Vigo afirmou, como exemplo do éxito da iluminación e a animación, que só desde a localidade cántabra de Torrelavega, viaxarán 6 autobuses cheos de xente que visitarán a cidade, e que chegarán turistas doutros moitos lugares, entre eles, dous autocares desde Pinto (Madrid).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE