O debate sobre se Abel Caballero fai ben en gastarse un millón de euros públicos en luces de Nadal ten un novo argumento. The New York Times, un dos diarios máis prestixiosos do globo, acaba de dedicarlle unha reportaxe. Parece que as alusións do edil socialista menosprezando as luces de Nova York chamaron a atención alén do charco.
Gastamos moito, ou demasiado pouco, diñeiro público en luces do Nadal? Galiciapress detalla o investimento en cada cidade do país e a súa evolución anual. Os concellos onde goberna o BNG son os máis comedidos. Pola contra, Ourense apúntase á moda viguesa co obxectivo de fomentar as vendas comerciais.
Unha semana despois de Reyes as luces de Nadal seguían brillando en Vigo. Fixérono ata que o alcalde, micro en ristre, lanzouse a unha conta atrás para apagalas; non se antes proclamar aos catro ventos que volverían, e con moita máis forza.