As luces de Vigo no New York Times e trendig topic en Twitter
O debate sobre se Abel Caballero fai ben en gastarse un millón de euros públicos en luces de Nadal ten un novo argumento. The New York Times, un dos diarios máis prestixiosos do globo, acaba de dedicarlle unha reportaxe. Parece que as alusións do edil socialista menosprezando as luces de Nova York chamaron a atención alén do charco.
O debate sobre se Abel Caballero fai ben en gastarse un millón de euros públicos en luces de Nadal ten un novo argumento. The New York Times, un dos diarios máis prestixiosos do globo, acaba de dedicarlle unha reportaxe.
Parece que as alusións do edil socialista menosprezando as luces de Nova York chamaron a atención alén do charco. Na peza, con catro fotos, o correspondente do diario en España recoñece o aumento de turistas.
Iso si, cuestiona a oportunidade do investimento ao mesmo tempo que Madrid acollía o cume sobre o cambio climático ou aspectos como fabricar neve artificial nunha cidade costeira ou instalar unha nora en condicións tan pouco favorables.
Unha visión ambivalente que tamén se reflicte nas redes sociais, repletas a esta horas -chegou a ser tendencia en Twitter España- de comentarios aplaudindo ao alcalde pola suposta publicidade gratis que supoñen noticias así mentres outros se preguntan pola frivolidade do asunto.
Escribe o teu comentario