Abel Caballero planta cara a Feijóo: “Nin se che ocorra quitar diñeiro aos concellos”
O rexedor vigués mostrouse claro ante a posibilidade de que o executivo galego, presidido por Alberto Núñez Feijóo, recorte partidas destinadas aos municipios galegos no caso de que o Goberno de España non desbloquee os 700 millóns que reclama a Xunta. “Que nin se lle ocorra quitar diñeiro aos concellos”, advirte o alcalde de Vigo e presidente da FEMP.

O alcalde de Vigo ante os medios
"Feijóo está a ameazar aos concellos con reterlles os xa escasísimos e practicamente nulos fondos que lles aplica", declarou Caballero. “A Constitución mandata que os concellos se financien con fondos propios vía impostos, e con achegas de Comunidades Autónomas e Goberno", lembra, facendo fincapé en que máis do 60% dos ingresos da cidade olívica proceden da súa propia fiscalidade.
Doutra banda, algo máis do 30% son achegas desde o goberno central e que só un 1,5% chega desde a Xunta. Esta situación, segundo o propio Caballero “desobedece o mandato” da Carta Magna xa que o concello vigués “paga máis” á Xunta do que o goberno autonómico devólvelle en investimentos.
"E agora Feijóo di que non ten fondos, pero si que dedica 17 millóns de euros ao novo edificio na Cidade da Cultura, e 30 millóns a remodelar San Caetano", critica. “Feijóo só pensa en quitarlle diñeiro aos concellos, especificamente a Vigo", sentencia o rexedor.
Escribe o teu comentario