​Guerra aberta entre a Xunta e Abel Caballero pola reforma de Balaídos

Corina Porro, delegada da Xunta en Vigo, compareceu ante os medios vestida coa camiseta do Celta de Vigo e cargou contra o goberno municipal liderado por Abel Caballero. Porro tachou de “chapuza” a reforma do coliseo celtiña infestada de “erros, sobrecustos, atrasos, e reformas das reformas”. 


|

Corina Porro, delegada da Xunta en Vigo, compareceu ante os medios vestida coa camiseta do Celta de Vigo e cargou contra o goberno municipal liderado por Abel Caballero. Porro tachou de “chapuza” a reforma do coliseo celtiña infestada de “erros, sobrecustos, atrasos, e reformas das reformas”.


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, ataviada coa camiseta do Real Club Celta.

Corina Porro, coa camiseta do Celta de Vigo


Desde o Goberno de Galicia criticaron que o diñeiro para asumir os custos da reforma “salga do peto de todos os vigueses” cando existían “outras fórmulas”, aínda que admitiu que as reformas eran “necesarias”. Como formulas propuxo pactar unha concesión co club para que fose a entidade a que realizase o investimento para mellorar o estadio.


Do mesmo xeito, a propia Corina Porro rexeitou a posibilidade de que o goberno autonómico cofinancie a reforma, apoiándose en que a Xunta non axudou a reformar “ningún estadio municipal” do fútbol profesional. “A Xunta non vai participar neste esperpento”, resolveu a delegada da Xunta.


Ademais, Porro puxo en dúbida as contas en torno ao custo real das reformas e confirmou a posibilidade de que o Celta termine abandonando Balaídos e opte por construír un estadios propio. Respecto diso, responsabilizou a Abel Caballero da hipotética saída do club da cidade, como xa ocorreu co proxecto da cidade deportiva que terminará construíndose en Mos.

“A CIDADE NON PERMITIRÁ O TRASLADO”

No Concello de Vigo responderon de forma inmediata ás declaracións de Corina Porro. Para o concelleiro de deportes da cidade olívica, Manel Fernández, este movemento da Xunta esconde a intención de “trasladar o equipo a Mos”, municipio gobernado pola popular Nidia Arevalo.


No consistorio vigués tampouco gustaron as formas de Porro. "Púxose a camiseta do Celta para dicir que a Xunta non vai poñer nin un só euro no campo máis importante de Galicia e para insistir no traslado a Mos", lamentou o conselleiro, anticipando que “a cidade non o vai a permitir”.


Na mesma liña, criticou que Porro non investise no estadio cando era alcaldesa de Vigo e que agora se enfunde a zamarra celeste cando “non lla viu no estadio nos últimos anos”. Tamén corrixiu á exregidora, lembrándolle que “o Celta xa ten unha concesión ata 2034" pero que a entidade celeste “nunca pediu a concesión para facer a obra, senón para quedar co campo”, algo que “prohiben as leis” 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE