Os diferentes resultados cultivados polo PSdeG en maio de 2019 na cidade de Vigo en comparación cos deste domingo de eleccións autonómicas evidencian o abismo que separa a Gonzalo Caballero, líder dos socialistas galegos, e Abel Caballero, alcalde da cidade olívica desde fai trece anos.
Abel Caballero acusa á Xunta de non dar a Vigo o material remitido polo Estado e que lle correspondería á cidade olívica.
O Concello de Vigo volverá centrar na súa iluminación do Nadal a súa promoción na Feira Internacional de Turismo (Fitur), onde tamén presentará distintos eventos, como os concertos estivais e a festa da Reconquista.
O debate sobre se Abel Caballero fai ben en gastarse un millón de euros públicos en luces de Nadal ten un novo argumento. The New York Times, un dos diarios máis prestixiosos do globo, acaba de dedicarlle unha reportaxe. Parece que as alusións do edil socialista menosprezando as luces de Nova York chamaron a atención alén do charco.
A presidenta de Adif, Isabel Pardo, recoñeceu a "importancia" da conexión de Vigo e o seu porto co Corredor Atlántico. Por iso, mediante unha carta remitida ao alcalde, Abel Caballero; sinalou que a Comisión Europea ha proposto incluír na rede básica o tramo que discorre pola cidade.
Gastamos moito, ou demasiado pouco, diñeiro público en luces do Nadal? Galiciapress detalla o investimento en cada cidade do país e a súa evolución anual. Os concellos onde goberna o BNG son os máis comedidos. Pola contra, Ourense apúntase á moda viguesa co obxectivo de fomentar as vendas comerciais.
O tema 'Vigo é Nadal' do artista galego Guillermo Castro será a banda sonora de Vigo encarga de promocionar as festas na cidade olívica e a iluminación. Con todo, ao tema "oficial" saíulle un duro competidor: 'A nora de Abel Caballero' de Fillos do Estramonio, ademais de ser en galego, é un pouco máis pegadiza que o himno do nadal vigués.
Os anuncios para promocionar o Nadal de Vigo xa están presentes na capital de España e no norte de Portugal nunha campaña publicitaria do consistorio olívico que ten ao rexedor vigués como protagonista e principal reclamo das festas.