Novo rércord de poboación en Vigo: Xa hai máis de 300.000 vigueses
O censo municipal de Vigo volveu a superar, a comezos deste ano 2020, os 300.000 habitantes, e bateu un récord alcanzando os 300.395 empadroados, a cifra máis alta rexistrada na cidade olívica.
O dato non é aínda oficial pois non figura no INE, pero o Concello contabiliza no seu padrón 158.352 viguesas e 142.043 vigueses
Caballero nunha imaxe da súa Facebook o día 5 de xaneiro
Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen sinalou que, a día 7 de xaneiro, os datos do padron municipal arroxan esa cifra de censados en Vigo
: 158.352 mulleres e 142.043 homes. Deste xeito, a urbe olívica volve situarse por encima dos 300.000 habitantes, unha marca que xa pasara, aínda que por moi pouco, no ano 2003.O alcalde, con todo, lembrou que o número de empadroados non é definitivo e, de feito, non coincide coas cifras que o Instituto Nacional de Estatística adoita dar a mediados de ano. Así, a cifra rexistrada no censo municipal debe axustarse coas baixas que se puideron dar e co saldo vexetativo do último mes e medio.
En todo caso, Abel Caballero lembrou que Vigo ten como "obxectivo" superar os 300.000 habitantes, e puxo en valor o "crecemento significativo" da cidade nos últimos anos. O padrón municipal ha pasado dos 297.091 habitantes de 2017 aos 300.395 actuais.
Escribe o teu comentario