(VÍDEO) O Nadal de Vigo xa ten canción oficial...e canción "cachonda"
O tema 'Vigo é Nadal' do artista galego Guillermo Castro será a banda sonora de Vigo encarga de promocionar as festas na cidade olívica e a iluminación. Con todo, ao tema "oficial" saíulle un duro competidor: 'A nora de Abel Caballero' de Fillos do Estramonio, ademais de ser en galego, é un pouco máis pegadiza que o himno do nadal vigués.

CANCIÓN DE GUILLERMO CASTRO
O cantautor vigués, en unha produción de Quela Records e Félix Cabreiro, viaxa 30 anos no tempo para contar a historia dunha familia que, como tantas outras en Vigo, ilusiónanse coa chegada do Nadal a Vigo e coa iluminación das luces.
A ritmo de pop, o tema convídanos a visitar a cidade, á que fai constantes referencias ao longo da canción nomeado os lugares máis emblemáticos de Vigo, e lémbranos a importancia de reencontrarnos cos nosos seres queridos nestas datas e da capital do Nadal en Galicia e España.
CANCIÓN DE FILLOS DE ESTRAMONIO
Pero Fillos do Estramonio deixa de lado os acordes do Nadal e atrévese a versionar a canción 'Gloria' de Umberto Tozzi, sen dúbida o tema máis versionado do músico italiano. A versión apócrifa do nadal vigués é un pouco máis vándala e pegadiza, centrando a letra da canción -integramente en galego- na nora de 62 metros de alto que se converterá na principal atracción turística da cidade.
Escribe o teu comentario