Para os descontos do bus de Vigo non hai que estar empadroado, dita a Xustiza sobre a PassVigo

Advirte de que se vulnera a normativa no que respecta a a "discriminación" por lugar de residencia

|

Duro revés para Abel Caballero, que culpa a unha "lei Antivigo de Feijóo". Desde a Xunta din que o alcalde caeu na paranoia outra vez.


O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo ditou sentenza na que estima o recurso presentado polo Concello de Redondela, e declara contraria ao ordenamento xurídico a esixencia de empadroamento como condición para obter a tarxeta PassVigo, como tarxeta de bonificación do transporte urbano da cidade olívica.


Cola para pedir a tarxeta PassVigo

Unha cola para pedir a polémica PassVigo


O Concello de Redondela (ata onde chega unha das liñas de bus urbano de Vigo, en concreto a Chapela) presentou en febreiro de 2018 un requirimento ante o Concello de Vigo acerca da decisión do devandito consistorio de esixir o empadroamento na cidade aos solicitantes da tarxeta PassVigo, utilizada para a bonificación de billetes no bus urbano. Ante a falta de resposta, o goberno redondelano acudiu aos tribunais e interpuxo un recurso contencioso administrativo.


Neste procedemento, como medida cautelar, o xulgado suspendeu a esixencia do empadroamento, unha suspensión que foi recorrida polo Concello de Vigo e posteriormente ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Agora, unha vez axuizado o recurso inicial, o xulgado vigués ha ditado sentenza na que valida a lexitimación do Concello de Redondela, que representa "o interese xeral dos seus cidadáns". Así, lembrou que os veciños deste municipio (e tamén de calquera outro) resultan afectados polas condicións que impón Vigo para outorgar a tarxeta de transporte, sobre todo teniendo en cuenta que, ata esa decisión, podían beneficiarse das bonificacións.

Así mesmo, pon de manifesto que a esixencia do empadroamento non quedou regulada en ningún acto administrativo, xa que non se fixo constar nin no convenio asinado entre o Concello de Vigo e Abanca para emitir as novas tarxetas, nin no acordo de Xunta de Goberno que regulou as condicións de obtención das mesmas.

VULNERACIÓN DE NORMATIVA
En todo caso, na súa sentenza, contra a que cabe recurso de apelación, o maxistrado sinala que esa condición imposta polo Concello de Vigo vulnera varias normas, entre as que menciona o regulamento de servizos das Corporacións Locais, a Lei de Ordenación dos Transportes de 1987 e a lei galega 2/2017, que establece que os transportes públicos regulares poden ser utilizados por calquera persoa "sen discriminación".

Segundo sinala o xuíz, a norma tamén apunta que non pode haber esa discriminación "por razóns de territorio ou residencia, nin por razóns sociais ou doutra índole" no acceso a bonos de utilización recorrente.

"Se a nova tarxeta de transporte --incorporada á PassVigo ou ofrecida de modo independente dela-- só pode ser concedida a persoas empadroadas en Vigo, é claro que se atende a criterios de residencia para gozar da tarifa reducida (...), o que contravén a normativa", apunta o maxistrado.

Por todo iso, declarou "contraria ao ordenamento xurídico" a esixencia do empadroamento para obter esa tarxeta de transporte. Con todo, na sentenza non se efectúa expresa imposición de custos procesuais "tendo en conta das serias dúbidas de Dereito que entraña a cuestión axuizada".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE