A plataforma Galegas 8M, que organizou gran parte das mobilizacións dese día, dá a súa versión da polémica por un boicot a un concerto programado polo Concello de Ourense. O colectivo defende a protesta contra a actuación como parte dunha estratexia contra o "lavado de fronte" que cren están levado algunhas institucións subíndose á onda de protestas feministas cando, en realidade, recortan fondos para fomentar a igualdade.