A Xunta anuncia a convocatoria de 455 prazas para a Policía Local
Ata 65 concellos solicitaron á Xunta a convocatoria de prazas para cubrir as carencias nos persoais da Policía Local.
Ata 65 concellos solicitaron á Xunta a convocatoria de prazas para cubrir as carencias nos persoais da Policía Local.
O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu na súa comparecencia ante os medios que na actualidade existe un “déficit nas Policías Locais dos concellos galegos” e que o plan do goberno galego é atallar ese déficit cunha nova convocatoria de prazas para cubrir esas carencias, causadas por “as limitacións da crise e o adianto das xubilacións aos 60 anos”.
“O 20% do cadro de persoal das Policías Locais de Galicia xubilaranse, por non existir unha transición, o que nos obriga a actuar de forma inmediata”, admitiu Feijóo.
Así, o goberno galego aprobou un decreto para axilizar os procesos selectivos para auxiliares e policías locais, que van estar centralizados pola Academia de Seguridade Pública da Estrada.
“O pasado ano puxémolo en marcha por primeira vez e agora necesitamos activar aínda máis este decreto porque hai unha solicitude histórica dos concellos para que centralicemos as ofertas de emprego” xa que, entre outras vantaxes “garante procesos selectivos transparentes e iguais”.
“65 CONCELLOS SOLICITANTES”
“O ano pasado convocamos 109 prazas de persoal auxiliar de Policía Local e 38 de categoría de policía. Este ano xa son 65 os concellos solicitan esta convocatoria, o que supón algo máis da metade dos concellos con Policía Local”, declarou Feijóo, asegurando que o decreto reduce en 10 días o prazo de presentación de solicitudes, o poder de utilizar un procedemento de urxencia por razóns de interese público reducindo o tempo entre probas.
Á súa vez, citou ás cidades da Coruña, Ourense, Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela como algúns dos concellos solicitantes. “Neste momento levamos 455 prazas previstas para seleccionar das que 178 corresponden policías e 277 a auxiliares”, sentenciou o presidente.
Escribe o teu comentario