Novas sancións á mineira de Touro por verter residuos a afluentes do Ulla

Aldea Viva presentará alegacións para que a sanción a Explotacións Galegas sexa considerada como grave e non leve.


|

Aldea Viva presentará alegacións para que a sanción a Explotacións Galegas sexa considerada como grave e non leve.


Touro auga contaminada


Explotacións Galegas S.L., máxima accionista de Cobre San Rafael, empresa promotora da reapertura do complexo mineiro, ten unha nova fronte aberta. Augas de Galicia propuxo unha sanción de ata 30.000 euros á mineira por verter augas residuais a un afluente do Río Ulla.


Concretamente, os residuos eran vertidos ao Río Brandelos, á altura da balsa mineira de Bama. A apertura deste novo expediente sancionador foi anunciada nun comunicado por Aldea Viva, que lembra que estes feitos “non son novos”. “En setembro do ano pasado a mineira recibiu unha sanción de 20.000 euros polo desbordamento da mesma balsa”, afirma a nota.


Do mesmo xeito, Aldea Viva destaca que, a pesar das múltiples sancións, as augas que terminan no Río Ulla conteñen “unha importante achega de metais pesados” polo seu paso pola mina. “A pesar das múltiples denuncias e a constatación por parte da administración pública que da empresa está a cometer unha neglixencia grave que se mantén no tempo, parece curioso que Augas de Galicia cualifique a infracción como leve”, lamenta Aldea Viva, quen anuncia que presentará alegacións para que a multa sexa tipificada como grave pola reiteración dos feitos sen que a empresa poña solución aos mesmos.


Para Aldea Viva, esta nova sanción é “un duro golpe” para o proxecto de Touro, apoiándose en que o goberno de Galicia “non debe autorizar un proxecto de megaminería a unha empresa con semellante historial de sancións, xa que en apenas medio ano acumula xa tres sanciones”. A asociación medioambientalista lembra á Xunta que a suma total das sancións é de 80.000 euros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE