‘#FilososfíaSí’ denuncia que o sistema empuxa aos alumnos a matricularse en clases de Relixión
O sistema de créditos nas materias optativas obriga a moitos alumnos de 1º de Bacharelato a cursar Relixión a pesar de que se trata dunha materia optativa.
O sistema de créditos nas materias optativas obriga a moitos alumnos de 1º de Bacharelato a cursar Relixión a pesar de que se trata dunha materia optativa.
Con motivo das celebracións do 8M, o colectivo ‘#FilosofíaSi’ fará entregada na oficina do Valedor do Pobo dun documento no que se denuncia “a vulneración dos dereitos fundamentais da liberdade relixiosa nos centros de ensino que obrigan a escoller a relixión católica para cursar unha nova materia optativa”.
Aínda que é certo que a materia de Relixión non é obrigatoria, moitos alumnos ven obrigados a matricularse nela para poder cubrir os créditos que lles esixe o curso, xa que algunhas materias optativas non cobren a totalidade dos créditos, como si fan as materias obrigatorias, polo que o alumnado vese empuxado a complementar o número de créditos coa materia de Relixión.
Neste caso, a plataforma denuncia que a materia afectada é ‘Coeducación para o S. XXI’ impartida en 1º de Bacharelato. A entrega do escrito realizarase ás 11:15 da mañá e posteriormente presentaranse ao Parlamento de Galicia para rexistrar copia desta denuncia para todos os grupos parlamentarios.
Escribe o teu comentario