Teatro para mostrar o talento das persoas con discapacidade da man de Branca Marsillach (Vídeo)

A compañía de teatro de Branca Marsillach traerá a Galicia os seus esforzos por facer visible o talento das persoas con discapacidade.


|

A compañía de teatro de Branca Marsillach traerá a Galicia os seus esforzos por facer visible o talento das persoas con discapacidade. En concreto, Varela Producións representará a obra "Se vende Ático " o próximo día 15 de marzo ás 11:00 horas na Fundación Barrié da Coruña.


Fotos equipo xuntos Ensaio 2019 divertida Xabier Dani Miriam Adela


"É unha iniciativa única e diferente onde queremos apoiar unha sociedade diversa no teatro e apoiar o talento", explica a coñecida actriz a Galiciapress.


Unha traxectoria de inclusión que conta con máis de dez anos de experiencia polos escenarios de toda España. Nesta ocasión sae de xira por Cartaxena, Madrid, Bilbao, Tarragona e A Coruña co lema "Diversidade a Escena" e co patrocinio da Fundación Repsol .


Segundo datos da organización, máis de 10.000 espectadores de centros de toda España beneficiáronse deste proxecto para fomentar a integración deste colectivo a través da cultura. Sen dúbida, unha gran oportunidade para fomentar a igualdade de oportunidades para todas as persoas.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE