O certame cultural aRi[t]mar, que conecta Galicia e Portugal a través da música, pechou o seu proceso de votación con máis de 6.000 votos emitidos para elixir as mellores cancións de 2024 en ambos os territorios. Querer ben, do galego Mondra, e Amor de Ferro, froito da colaboración entre os portugueses Diogo Piçarra e Pedro Abrunhosa, alzáronse como as grandes vencedoras do concurso que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Santiago.