Este xoves 26 de setembro chega ás librarías 'O alento das chamas' (Suma), a última novela de Ángela Banzas, que en cuestión de catro anos converteuse no gran fenómeno das letras galegas. Neste cuarto libro, propón unha viaxe á Bergondo de finais do S.XIX, cun Pazo de Mariñán convertido nun enigma indescifrable. Antes da súa publicación, Galiciapress charla coa autora sobre esta nova aventura, a homenaxe que fai a tantas mulleres no seu libro e o bo momento que vive a literatura en Galicia.