Victor Freixanes finaliza a súa etapa na RAG tras oito anos á fronte da Academia
As candidaturas á presidencia da organización poden presentar até 48 horas do pleno extraordinario da elección
A etapa de Victor F. Freixanes como presidente da Real Academia Galega (#RAG) terminou tras oito anos no cargo. A secretaria Margarita Ledo Andión asumirá a presidencia de forma interina.
O xa expresidente da Rag formalizou o fin do seu mandato ante os membros do Plenario da xunta ordinaria celebrada este venres no Pazo de María Pita, segundo informou a academia nun comunicado este sábado.
Así, Ledo será a encargada de pór en marcha o proceso electoral da nova comisión executiva da Academia nun prazo inferior a tres meses, segundo os Estatutos da organización.
As candidaturas á presidencia da Rag deben ser presentadas por tres membros de número da institución, nun prazo que finalizará 48 horas antes á data que se fixe para realizar o pleno extraordinario da elección.
Escribe o teu comentario