O Festival 17º Ribeira Sacra confirma a The Jayhawks, Anxo Stanich, Exsonvaldes ou Wings of Desire para 2025

O evento, que xa confirmara a Julieta Venegas, revela algunhas das bandas que compoñen o seu cartel.


|

WhatsApp Image 2025 03 20 at 16.46.19
 The Jayhawks, Anxo Stanich, Exsonvaldes e Wings of Desire

 

Julieta Venegas non estará soa na Ribeira Sacra este verán. A artista mexicana foi o primeiro nome descuberto pola organización do Festival 17º Ribeira Sacra, que regresa a este magico enclave para celebrar tres días de música do 18 ao 20 de xullo. Pouco se sabía até hoxe desta singular cita, que deu a coñecer algúns dos artistas que darán a nota en escenarios tan pintorescos como un catamarán ou unha adega. 

 

 

 

MÚSICA, GASTRONOMÍA, PATRIMONIO...

Para esta nova edición, o festival volve apostar por bandas internacionais da talla dos estadounidenses The Jayhawks co seu estilo country alternativo, flanqueados polos franceses Exsonvaldes ou os británicos Wings of Desire. Laverca Bentley e Cosmic Wacho son outros dos nomes propios do festival. 

 

 

Con todo, non só actuarán formacións de territorios de ultramar, senón que os artistas nacionais tamén teñen cabida neste ciclo de concertos, co aclamado Anxo Stanich capitaneando as voces do país, pero coa incógnita aínda de quen protagonizará o 'Concerto Sorpresa Momentos Alhambra', talvez un dos eventos máis esperados cun catamarán como escenario e o fermoso percorrido polos canóns do río Sil como pano de fondo. 

 

Cartel musi

 

Os galegos Anxo Araújo, Allova e Néstor Pardo completan, de momento, este cartel, regado polos viños e as distintas propostas gastronómicas que sempre acompañan a este festival e que a organización aínda se garda baixo a manga, sabendo que a sorpresa é un dos seus éxitos despois de lograr consolidar no circuíto nacional e ser recoñecido por cuarto ano consecutivo na categoría de Best Small Festival nos Iberian Festival Awards.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE