Curro Cañete asinará exemplares de 'Soña, crea, visualiza' no Corte Inglés de Santiago de Compostela

A firma celebrarase este mércores 19 de marzo ás 19 horas na libraría da superficie comercial.


|

Fotonoticia 20230414183647 1200
Curro Cañete | Foto: EP

 

Desde hai unha semana o último traballo de Curro Cañete, 'Soña, crea, visualiza', atópase xa nas estaterías das librarías e daquelas persoas que buscan o alento nas palabras do coach que lles empuxe a cambiar de rumbo. A transfromación e ese proceso son parte deste libro inspirador, que o autor achega aos seus lectores en Galicia.

 

Ás 19 HORAS DESTE MÉRCORES

Cañete compartirá un intre cos lectores este mércores 19 de marzo ás 19 horas na libraría do Corte Inglés de Santago de Compostela, na libraría da planta baixa dos grandes amlacenes santiagueses. Enmárcase esta actividade na rica programación cultural que organizan no establecemento compostelán, onde son moitos os autores convidados a esta clase de actos.

 

1200 x 1200

 

No caso concreto de 'Soña, visualiza, crea', Cañete trasladouse a Nova York para enfocar neste novo traballo definidco como unha "obra luminosa que nace tras algunhas casualidades máxicas e dous anos de investigación" que inclúe exercicios prácticos para identificar os nosos desexos máis ocultos, superar os medos e alcanzaro os obxectivos marcados. 

 

"Este libro non vai unicamente de manter a túa felicidade e facer realidade os teus desexos, xa que non estás neste mundo só para iso. O seu propósito é máis ambicioso: que logres realizarche como ser humano, crecendo e experimentando alegría diaria en todas as túas etapas", describe o autor, licenciado en Dereito e Xornalismo e coach profesional titulado pola Facultade de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Madrid coñecido por outras obras como 'O poder de confiar en ti', 'Agora tócache ser feliz', 'Non teñas medo a nada' ou 'O amor comeza en ti'. 

 

Sueu00f1a, visualiza, crea

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE