Alcaldes bos e alcaldes malos

Manuel Fernando González Iglesias

CarlesPuigdemont 7

Carles Puigdemont con Vicent Sanchis, director de TV3.


Carles Puigdemont dixit: "os alcaldes non o merecen, é unha barbaridade". Naturalmente, o President da Generalitat secesionista fala do toque legal da Fiscalía aos seus, aos que queren poñer urnas nun referendum ilegal. Para entendernos: dos alcaldes bos.


Respecto dos outros, os alcaldes malos, como a alcaldesa Núria Marín, non di nada. A eses, nin auga. Máis ben alardea de que hai que criticalos, acosalos e, sobre todo, armarlles un bo pollo no seu municipio para que se "acolloen" e deixen facer.


En todo este sensentido no que nos movemos, aos cidadáns agora mándannos cartas, e mesmo a algúns, como ao asinante deste artigo, chámanlles ata os Mossos. Iso si, desde un teléfono deses que pon privado, que só a compañía telefónica sabe quen é.


Hai que facer país, aínda que só sexa contando coa metade dos cidadáns. Hai que rir das leis do Estado e sobre todo, tomarlle o pelo aos xuíces, por exemplo ao Maxistrado Ramírez Sunyer que pechou a web de propaganda ilegal do referendo. E encima -'se non queres caldo toma dúas cuncas', que dicimos os galegos- anunciar outra nova fóra do territorio, como fixo o amigo de Mas, o dono de Grifols, que levou a parte fiscal da empresa a Irlanda para que os seus amigos independentistas do PDeCAT non recibisen nin un euro dos seus impostos. En fin, que lles vou a contar de tanto patriota que non ten petos, senón bolsas de pan no lateral dos seus pantalóns para enchelas sempre coa pasta que cobran con producións televisivas, contratos oficiais ou mesmo embaixadas para irmás sen pedigrí futbolístico.


Hoxe comparece Germá Gordó, o cerebro gris do financiamento de Convergencia, xa saben, o do presunto 3%. Un clásico da caste catalá independentista. Faino como imputado. Veremos se acaba en Soto del Real cos seus amigos do Módulo Barça ou, se pola contra, se segue paseando polo Parlament coa prepotencia que lle é propia. Casado cunha xuíza, ten medios máis que suficientes para estar xuridicamente ben asesorado e saír indemne. A CUP teno no seu punto de observación, aínda que ata agora con pouco ou nada o incordiaron. A omertá do diñeiro funciona en Catalunya non só entre as familias adiñeiradas senón mesmo entre os antisistemas. Veremos que pasa.


Nós, os malos cataláns, á nosa: seguir aguantando carros e carretas como xa fan, benvidos ao club!, os alcaldes socialistas que decidiron plantar cara a uns dirixentes políticos que están fóra da lei e queren asustarnos utilizando todos os medios ao seu alcance e encima, presumindo de demócratas e de que non lles deixamos facer. Hai que ter morro!


Un otrosí: Rajoy bule que, por se aínda non te decataches, es o Presidente do Goberno do reino de España!


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE