A Xustiza cita os alcaldes que desobedezan a suspensión do referendo

A Fiscalía do Estado ordena aos fiscais xefes cataláns que investiguen os rexedores que colaboren co 1-O.


|

Juezmazo960x412


A Fiscalía Xeral do Estado pediu aos fiscais xefes de Barcelona, Tarragona, Lleida e Xirona que abran dilixencias de investigación respecto dunha lista de alcaldes cataláns dos que se tivo coñecemento que estarían a colaborar na preparación do referendo de independencia ilegal do próximo 1 de outubro.


No caso de que non comparezan cando sexan citados polos fiscais, ordénase aos Mossos que leven a cabo a súa detención, segundo reza o oficio ditado polo fiscal xeral José Manuel Maza, que indica que as dilixencias deben comezar polos municipios implicados con maior poboación.


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada A Fiscalía ordena aos Mossos impedir a preparación e a votación do 1-O
relacionada Os voluntarios do referendo, avisados de que "participarían nunha ilegalidade"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE