A Sentenza

Manuel Fernando González Iglesias

Noos


Moitas e variadas foron as opinións sobre a sentenza do caso Nóos. Ninguén soubo acatala e, moito menos, calar ante a decisión do tribunal integrado totalmente por xuízas. Como sempre, nesta sociedade nosa, tan machista, ás mulleres deixámoslles a parte mais fea de todas as leas nas que nos metemos os homes, que somos os que nos reservamos, neste caso, de xuíz instrutor con querenzas cara a Mans Limpas un sindicato mafioso, ou de fiscal con tics de manteiga a prol da Infanta. En ambos os casos, perfectamente reconocibles os seus papeis e tamén, claramente criticables durante a instrución. Interminable instrución, e logo no larguísimo xuízo.


Do que decidiron as xuízas, nada que dicir. Queda un recurso, e logo unha sentenza do Supremo que nos pode deixar a todos mirando a Pontevedra ou a Calella, segundo o que espere cada un de tan alto Tribunal, posto que a súa especial decisión xerará xurisprudencia, e ese privilexio, de tan importante maxistratura, pode abrir ou pechar portas a quen queira "dar sablazos institucionais" no futuro.


De momento ao Bigotes e a Urdangarin, os tribunais non os trataron por igual por facer exactamente o mesmo. Un, baixo a man protectora do Rei Emérito, e o outro regalando bolsos e viaxes para que lle asinasen os contratos de imaxe á súa empresa, dádivas que si que eran reais por unhas facturas que logo lle tardaban un século en pagar. A ambos lles puideron os sobrecustos, o que pasa é que ao empregado de Correa, a 'pasta' fóiselle en relacións institucionais e comisións aos clientes e ao Duque e ao seu profesor de ESADE, Diego Torres, os diñeiros acabaron integramente nos seus petos. Unha pequena diferenza que os respectivos tribunais non tiveron en conta e que a este xornalista lle fai pensar que "non todos somos iguais ante a lei". Por certo os xesuítas han de revisar o que pasou en Nóos, porque a imaxe dada por un dos seus máis distinguidos profesores e por un dos seus máis selectos alumnos deixou a esa Escola de Negocios á altura do betún.


Respecto do da Infanta, queda saldada a conta que este país tiña coa monarquía, que encabezaba o seu real pai, por apostar pola democracia e aguantar o tipo durante unha das transicións mais difíciles que se fixeron na Europa contemporánea. Pago queda o servizo de Estado con outro xesto de Estado, e agora só toca que Dona Cristina dimita de Infanta, porque non soubo facer honra ao seu cargo e preferiu quedar ante os españois como "muller floreiro" cando todos sabemos que, por formación e familia non o é, nin o será nunca.


Moi ben polo Rei novo, que soubo aguantar o tipo ata o día da sentenza. Xestos como este valórano aínda mellor como Xefe de Estado dun país moderno e democrático.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE