NÓOS | A Infanta sae absolta e Urdangarín condenado a 6 anos e tres meses de cárcere

A Fiscalía pedía 19 anos e seis meses de prisión para Urdangarín | Queda no aire se ingresará inmediatamente en prisión | A infanta terá que pagar unha multa de 265.000 euros.


|

Infantacristinaiakiirddangarin


A sentenza do 'caso Nóos', que xulgou a participación, en distinto grao, de Iñaki Urdangarin e a Infanta Cristina nunha trama de malversación de fondos públicos, deuse a coñecer este venres e finalmente a condena de Urdangarín será de 6 anos e tres meses de prisión mentres que a Infanta Cristina foi absolta pero terá que pagar unha multa de 265.000 euros. 


A Infanta e Urdangarín recibiron o fallo na súa residencia de Xenebra. A Fiscalía pedía para Iñaki Urdangarín unha pena de 19 anos e medio de prisión, aínda que finalmente a sentenza foi de só seis anos e medio


O AVOGADO DE CRISTINA, SATISFEITO


O avogado da Infanta Cristina facía declaracións minutos despois de coñecerse a sentenza. Na súa intervención destacou que a Infanta "foi absolta con todos os pronunciamentos favorables con todas as teses que viñemos defendendo desde o principio" e incidiu en que sería bo que "rectificasen os seus comentarios aqueles que non respectaron a presunción de inocencia". Ademais, incidiu en que a Manos Limpas non só se lles desestimou o seu recurso, senón que se lle esixe o pago das costas xudiciais.


Sobre o estado de ánimo da Infanta, incidiu en que "segue crendo na inocencia do seu esposo". O letrado aproveitou para remarcar a "igualdade de todos os cidadáns ante a lei" e dixo aos xornalistas que espera "non velos tan a miúdo nunca máis". 


SENTENCIA 


A Sección Primeira da Audiencia Provincial de lles Illes Balears comunicou hoxe ás partes acudidas a sentenza ditada no procedemento abreviado 58/2015, coñecido como "caso Nóos".


O fallo da sentenza, adoptada por unanimidade das tres maxistradas do tribunal -Samantha Romeu, presidenta e relatora; Rocío Martín e Eleonora Moyá-, respecto de Iñaki Urdangarín é o seguinte:


- Un delito continuado de prevaricación en concurso medial cun delito de falsidade en documento público e cun delito de malversación de caudais públicos, polo que se lle condena a 2 anos e 8 meses de prisión, a unha multa de 7 meses e 17 días cunha cota diaria de dez euros e a 2 anos e 7 meses de inhabilitación especial para emprego ou cargo público autonómico e local da Comunidade Autónoma de Baleares.


- Un delito de fraude á Administración Pública, polo que se lle condena a 7 meses de prisión e a 4 anos e 6 meses de inhabilitación especial para emprego ou cargo público autonómico e local da Comunidade Autónoma de Baleares.


- Un delito de tráfico de influencias, polo que se lle condena a 1 ano de prisión.


- Un delito contra a Facenda Pública, polo que se lle condena a 1 ano de prisión e a unha multa do duplo da cantidade defraudada (259.478,38 euros).


- Un delito contra a Facenda Pública, polo que se lle condena a 1 ano de prisión e a unha multa do duplo da cantidade defraudada (253.075,30 euros).


A suma das penas é a seguinte: 6 anos e 3 meses de prisión, 7 anos e un mes de inhabilitación especial e multa de 512.553,68 euros. Tamén se lle condena á responsabilidade civil que figura determinada no fallo da sentenza cuxa copia se adxunta.


COMUNICADO DA CASA REAL 


A Casa do Rei emitiu un comunicado no que expresa o seu máximo respecto pola decisión da xustiza. Esta decisión está en liña coa actitude do monarca en referencia á súa irmá, quen deixou de ser membro da Familia Real no momento en que o seu irmán accedeu ao trono, pero que aínda non renunciou aos seus dereitos dinásticos e segue sendo a sexta na liña sucesoria, por detrás da Princesa de Asturias, a Infanta Sofía, a Infanta Elena e os dous fillos desta.


A pesar de que ata o Rei Juan Carlos lle pediu á súa filla Cristina, vía un intermediario, a renuncia aos seus dereitos dinásticos, ela non quixo ata a data dar ese paso. E desde a Casa do Rei insístese en que esa renuncia correspóndelle en exclusiva a ela.


ENFRONTAMENTO ENTRE FELIPE VI E A INFANTA


Felipe VI desposuíu á súa irmá do título de duquesa de Palma, que lle outorgaba Juan Carlos I con motivo da súa ligazón con Iñaki Urdangarin.


Esa decisión provocou un enfrontamento entre os dous irmáns, que se escenificou a través dun cruzamento de comunicados no que a Infanta, primeiro, quixo presentar a decisión como unha renuncia voluntaria ao título e a Casa do Rei se viu obrigada a desmentila.


O que ninguén poderá arrebatarlle a Cristina de Borbón é a súa condición de Infanta, que ten simplemente por ser filla de Rey.


COOPERADORA DE DELITOS FISCAIS


A Infanta Cristina foi xulgada como cooperadora necesaria para a comisión de dous delitos fiscais. Só a acusaba Manos Limpas, que exercía a acusación popular, e que pedía para ela 8 anos de prisión.


Para o seu marido, a Fiscalía pedía 19 anos e seis meses de prisión polos delitos de tráfico de influencias, malversación, prevaricación, fraude, estafa, falsidade, dous delitos contra Facenda e branqueo.


"ESPERAMOS O MELLOR"


Noosabogadourdangarin


O avogado de Iñaki Urdangarin, Mario Pascual Vives, aseguraba esta mañá que o seu cliente e a Infanta Cristina afrontan con moita expectación a xornada e están "razoablemente tranquilos".


Ao preguntárselle a súa opinión por que a Fiscalía pedise ingreso inmediato en prisión en caso dunha condena de cárcere superior a seis anos, resolveu: "Non vexo por que. Pero cada institución ten dereito a pedir o que a lei lle permita".


Vives explicou que, no caso de ter que recorrer a sentenza, "os prazos son moi breves e por tanto haberá que traballar moito".


"Temos cinco días hábiles para poder presentar recurso de casación e dous días se hai algún erro material da sentenza", explicou.

relacionada A sentenza de Nóos faise publica este venres

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE