Pontón: "A sentenza da Nóos demostra que no Estado español hai dúas varas de medir"

A líder do BNG denuncia a importancia dos apelidos e lamenta que a familia real siga sendo "intocable"


|

Noos


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "decepcionante" a sentenza do caso Nóos ao considerar que "demostra que no Estado español hai dúas varas de medir" e que "non todas as persoas" son "iguais ante a lei".


Así se pronunciou a formación nacionalista este venres despois de coñecerse o fallo da Audiencia Provincial de Palma que condena a Iñaki Urdangarín a seis anos e tres meses de cárcere e a pagar 512.553 euros e á infanta Cristina a unha multa de 265.000 euros polas súas responsabilidades no caso Nóos.


"Eu estou convencida de que se Cristina non se apellidase De Borbón hoxe tería unha condena pola súa complicidade na estafa de fondos públicos nun caso claro de corrupción", asegurou Pontón, que lamentou que os membros da familia real "sigan sendo intocables no Estado español".


Por contra, o portavoz do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro, opinaba este venres xustamente o contrario. Así, o popular poñía en valor a "independencia" con que traballa a Xustiza en España tras a sentenza do caso Nóos, sen fixarse "nos apelidos" das persoas que se xulgan.


Barreiro, tras expresar "o respecto total e absoluto á actuación da Xustiza", resaltou como "algo importante" o feito de que a actúe "de forma total e absolutamente independente, de acordo cos criterios que marca a lei".


"Non se fixa para nada nin na procedencia, nin no cargo, nin a orixe, nin no nome, nin nos apelidos da persoa que está a ser xulgada", remachou.


Este proceder, ao seu xuízo, constitúe "unha garantía" e "unha maneira máis de fortalecer un dos alicerces fundamentais do Estado de Dereito", como é o poder xudicial.

relacionada NÓOS | A Infanta sae absolta e Urdangarín condenado a 6 anos e tres meses de cárcere

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE