A decisión da Generalitar de denunciar ao Estado para reclamar os adiantos de 2019 pon ao presidente de la Xunta entre o eixo e a roda despois de que o presidente autonómico leve meses reclamando 700 millóns ao goberno de Pedro Sánchez, un diñeiro bloqueado por atoparse o Goberno de España en funcións e non contar cos seus propios Orzamentos Xerais.
Galicia experimentou un aumento no prezo do aluguer sen precedentes nos últimos anos e algunhas grandes cidades superaron o máximo histórico no referido ao prezo de aluguer por metro cadrado. Galiciapress contactou con Fernando Encinar, xefe de estudos do portal Idealista, debulla os motivos desta escalada de prezos no que el considera “un proceso alcista” desde hai dous anos.
A plataforma de profesionais de enfermería ha contrargumentado o documento da administración galega e recalca a súa “desconformidade” no relativo “ás formas e os datos vertidos na mesma”, cualificando o escrito de “un breve e opaco resumo do persoal de enfermería”. Ademais, define como "alegales" os métodos do SERGAS para cubrir as baixas do persoal fixo.
A membro do Consello de Contas de Galicia responsable da área Institucional, Beatriz Rodríguez Fraga, faleceu este martes, segundo transcendeu este mércores. Rodríguez Fraga formaba parte deste organismo desde o mes de marzo de 2016.
Milagros Otero, actual Valedora do Pobo a pesar de poñer o seu cargo ao dispor do Parlamente despois da sentenza do Supremo que ratifica a nulidade do nomeamento do posto de xefe de servizo de Administración e Persoal concedido a unha sobriña do expresidente Mnauel Fraga e irmá do portavoz pralamentario do PP, acusando así á valedora de "desvío de poder", pide que lle suban o soldo a pesar de percibir 79.000 euros anuais.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, defendeu o mantemento dos concertos de asistencia, que se prestan de modo complementario ás prestacións do Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que levan facendo décadas, e lembrou que a Xunta do bipartito mantívoos " e incrementou".
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, terá a oportunidade de enfrontarse cara a cara con Alberto Núñez Feijóo no Parlamento de Galicia e dar así o pistoletazo de saída para as eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo ano. Os socialistas esperan manter a tendencia reflectida nas dous últimos comicios para chegar ao poder en Galicia e evitar un cuarto mandato popular na comunidade.
O anuncio de Feijóo de ofertar contratos máis estables non baixa a garda do sector, que segue denunciando “novas prazas estruturais de enfermeiros e a reconversión das prazas vacantes”. Estas medidas, reclamadas tanto para a asistencia hospitalaria como para a Atención Primaria, foron recalcadas pola Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria.
O goberno galego destaca os "bos resultados" de cobertura fronte á gripe conseguidos neste campaña, alcanzando máis do 58%.
A Fegamp e o Goberno galego recoñecen a "escaseza" de socorristas a pesar de que o número de titulados excede á oferta de prazas.
Os veciños afectados polo proxecto presentan alegacións ante o goberno autonómico antes de que este martes 18 de xuño acabe o prazo para admitilas.
Por que o PP atrasa o nomeamento dos senadores que elixe o Parlamento de Galicia? A oposición atiza as brasas da rivalidada Baltar vs. Feijóo ou lanza a sospeita de que o presidente se está reservando un sitio por se ten que mudarse a Madrid a relevar a Casado. Cuestionado por este xornal, o líder conservador bota balóns fóra, aumentando así o misterio. Di que xa sabe cales son os seus escollidos, pero que aínda non é o momento para nomealos.
O presidente de la Xunta insistiu na súa proposta en que sexa a lista máis votada a que goberne e propuxo que o PSOE “que reclama gobernar na cidade de Ourense por ser a lista máis votada” deixe que a lista máis votada sexa a que goberne a Deputación de Ourense. De igual maneira, tampouco despexou as dúbidas que hai ao redor da súa candidatura para as autonómicas de 2020.