'Sirat' finalista nos Óscar de Hollywood: un "feito histórico"

O filme de Óliver Laxe xa recibiu en maio de 2025 o Premio do Xurado no Festival de Cannes


|

El sonido de Sirat, entre los premiados en los Golden Reel junto a Frankenstein y Los pecadores
 

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañou ao equipo de 'Sirat' a Hollywood, onde esta tarde celebrarase a cerimonia dos Premios Óscar. Alí destacou o "acontecemento histórico" que supón que por primeira vez unha película galega concorra como finalista.

Tal e como trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, o titular de Cultura da Xunta, exerce a representación institucional na cerimonia de entrega que terá lugar este domingo no Dolby Theatre.

Así, a mirada está posta nas categorías de mellor película internacional e de mellor son, ás que opta a película dirixida polo galego Oliver Laxe.

Neste contexto, o conselleiro referiuse á longametraxe como un "fenómeno cinematográfico que proba que o talento do audiovisual galego non ten fronteiras nin límites". A cinta foi realizada co apoio da Xunta e contou cunha achega autonómica para á súa campaña de promoción cara aos Óscars.

Ademais, 'Sirat' chega aos galardóns estadounidenses "facendo historia" como o filme máis "laureado" do cine galego desde a súa estrea en maio de 2025 no Festival de Cannes, onde gañou o Premio do Xurado.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE