As renuncias de Losada e Villoslada dan vía libre para a chegada de Caballero ao Parlamento
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, terá a oportunidade de enfrontarse cara a cara con Alberto Núñez Feijóo no Parlamento de Galicia e dar así o pistoletazo de saída para as eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo ano. Os socialistas esperan manter a tendencia reflectida nas dous últimos comicios para chegar ao poder en Galicia e evitar un cuarto mandato popular na comunidade.
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, terá a oportunidade de enfrontarse cara a cara con Alberto Núñez Feijóo no Parlamento de Galicia e dar así o pistoletazo de saída para as eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo ano. Os socialistas esperan manter a tendencia reflectida nas dous últimos comicios para chegar ao poder en Galicia e evitar un cuarto mandato popular na comunidade.
O secretario xeral dos socialistas galegos Gonzalo Caballero
O propio Caballero confirmou que o seu desembarco no Parlamento galego será despois desta semana, despois de que os deputados Abel Losada e Juan Díaz Villoslada renuncien ás súas actas para parase á política municipal, logo de que se celebren os plenos organizativos no concello de A Coruña e Vigo respectivamente. As súas vacantes deixarán oco para a chegada de Gonzalo Caballero á cámara galega.
“MEDO A FEIJÓO”
A chegada de Caballero ao Parlamento coincide no tempo ás críticas vertidas polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, que acusou o seu homólogo socialista de atrasar a súa entrada no Parlamento “por medo a medirse” ao presidente de la Xunta, que considerou que a “esquerda galega” é “incapaz de conformar unha alternativa seria e solvente”.
Ademais de referirse a Caballero con termos como “escapista”, Tellado dixo que a “suposta entrada de Caballero para finais de xullo” era “un símbolo do que pretende facer no Parlamento: ir de vacacións mentres hai un goberno que traballa por Galicia”. Con todo, todo parece indicar que na segunda quincena deste mes o socialista xa terá voz na cámara.
RESPOSTA A TELLADO
Caballero, en clara resposta ao líder dos populares galegos, dixo sentirse “encantado” de debater con Feijóo “cando haxa oportunidade” e que o motivo de non facelo ante debeuse ao seu respecto “ao Parlamento e aos resultados electorais, polo que me mantiven no meu traballo como profesor da Universidade de Vigo desde que fun elixido secretario xeral ata agora” o que evitou o seu duelo co presidente autonómico.
Á súa vez, puxo a pelota no tellado de Monte Pío, ao considerar que “igual é Feijóo o que non está tan como dun debate cara a cara en igualdade de condiciones". "O PP pide debates pero despois realmente non os quere", apostilou Gonzalo Caballero.
Doutra banda, o líder socialista ha reafirmado a posición do seu partido, ao que ve “en condicións” de vencer ao PPdeG en 2020. Ademais de reivindicar a herdanza do goberno bipartito, Caballero di que a súa aspiración pasa por repetir os resultados “históricos” de abril e maio. "Estamos en condicións de darlle a Galicia o mellor goberno de prosperidade cando Feijóo queira convocar eleccións, para conectar coa maioría social que non quere resignarse a un diagnóstico en branco e negro", sentenciou Gonzalo Caballero
Escribe o teu comentario