Durante oito anos, Alberto Nuñez Feijóo non moveu nin un só dedo para que a Xunta asumise as competencias que ten recoñecidas polo Estatuto e comtempla a Constitución. A súa estratexia cambiou de súpeto, ante sorpresa de moitos no propio PP -que o interpretan como un novo desafío a Casado, tras as queixas polas concesións a Vox- e para xúbilo dos seus rivais estatais no centro-dereita, que ven un flanco no que abrir unha greta entre os conservadores.
Madrid volve onde adoitaba mostrándose como a capital de Estado menos progresista de Europa, xa que a ultradereita gaña un terreo electoral moi significativo, mentres a derechona e a dereita vergonzante disfrazada de neoliberal déixase aprisionar.
O PP de agora é o triste epílogo dunha política en plena decadencia. E como non logramos saír do pozo, só cabe exclamar aquilo que dicía o cura que me bautizou: Divos non colla confesados.
O secretario xeral de Vox, Javier Ortega Smith, reivindicou a necesidade de que "se protexa o dereito para coñecer e falar o español" en Galicia e criticou as primeiras leis de normalización lingüística "promovidas por Fraga".
O líder galego segue dando síntomas de que está incómodo co cortexo de Pablo Casado a Vox. Fronte a outros mandatarios -por exemplo a candidata en Madrid- que defenden a proximidade cos de Abascal, Feijóo insiste en que non deben facerlle o xogo á "ultradereita de verdade" e admite que no PP hai diferenza de opinións.
Organizacións feministas arxentinas organizaron unha mobilización en Buenos Aires para sumarse ás que se realizarán por toda España “en apoio ás compañeiras de Andalucía”.
Grupos de feministas galegas convocan para mañá, 15 de xaneiro, manifestacións en protesta do avance da ultradereita baixo o lema #niunpasoatrás. As activistas poñen o foco no pacto do PP con Vox en Andalucía, que entenden recorta os dereitos das mulleres.
Os dirixentes de Cidadáns, cun discurso que ninguén se cre, repetían que non están a negociar con VOX, senón co PP.
Steve Bannon gañouse por dereito propio a reputación de ser un eficaz ideólogo do trumpismo global.
Falaba por fin o presidente de la Xunta tras un longo silencio do Nadal. E o mesmo día que Vox dicíalle ao PP que se quería gobernar en Andalucía tiña que, entre outras cousas, devolver ao Estado as competencias de Educación e cargarse a Lei contra a Violencia de Xénero, Alberto Nuñez Feijóo volveu lanzarlle un dardo aos filtreos de Pablo Casado coa ultradereita. O dirixente galego teno claro, as leis contra a violencia machista pódense mellorar, pero non derrogar como esixen os de Pablo Abascal.
Xusto cando en Andalucía o PP fai equilibrios para que non se note moito que cede ás demandas de Vox de eliminar medidas contra a violencia machista, en Galicia o PPdeG saca do esquecemento unha Comisión para, precisamente, concretar xa novas medidas. Coincidencia que se explica porque polo menos unha parte do PP galego comeza a estar incómodo polo xiro do PP en cuestións como o feminismo ao fío do ascenso de Vox.
Para uns será azul-escuro, para outra azul-falanxe, para moitos azul-cantábrico e para os que veñen, sen dúbida, azul-Vox.
O resultado obtido por VOX nas derradeiras eleccións andaluzas levantou tódalas alarmas nos escenarios andaluz e español. Nembargante e a pesares da abundancia de opinións verquidas votamos en falla que so en moi contadas excepcións se analizara con un pouco de rigor as causas reais tanto do ascenso do apoio popular a extrema dereita (neste caso representado por VOX: 11% dos votos) como da relevante caída do voto nos partidos de esquerda (o PSOE perdeu un 7,5% dos votos -14 escanos- e ADELANTE ANDALUCIA un 6% -3 escanos-) e o non menos espectacular ascenso da abstención (41,5%)
Vox entraría no Congreso con 29 deputados e o 11,5 por cento dos votos.
O partido nacionalista español baralla presentarse ás locais na capital das Burgas
A forza política sinala que detrás da subida de Vox escóndense algúns dos últimos actos violentos, como o do mozo agredido en Pontevedra por levar unha camiseta galeguista.
O líder de Vox, Santiago Abascal, foi un dos que aplaudiu a intervención do ex-líder do PSOE coruñés nun evento dunha fundación de Jaime Mayor Oreja (ex-líder da á máis conservadora do PP). O galego compartiu palestra con Esperanza Aguirre e Fernando Eslamiada Wagner (ex-eurodeputado de UPyD e hoxe en Cidadáns). V