As mobilizacións contra as propostas de Vox cruzan o charco
Organizacións feministas arxentinas organizaron unha mobilización en Buenos Aires para sumarse ás que se realizarán por toda España “en apoio ás compañeiras de Andalucía”.
Organizacións feministas arxentinas organizaron unha mobilización en Buenos Aires para sumarse ás que se realizarán por toda España “en apoio ás compañeiras de Andalucía”.
As propostas de Vox nas negociacións co Partido Popular para que estes últimos gobernen no Parlamento de Andalucía provocaron unha serie de manifestacións en toda España por parte de diversas organizacións feministas. Estas mobilizacións, baixo o lema “#NiUnPasoAtrás”e “#NiUnPasoAtrásEnIgualdad”, cruzaron o Atlántico ata Arxentina, onde se celebrarán distintos actos para sumarse ás protestas.
Nun comunicado emitido polo ‘Colectivo Feminista Galegas na Diáspora’ de Buenos Aires faise eco desta mobilización, que terá lugar no Consulado de España da cidade bonaerense ás 19:00 horas (hora de Arxentina).
“Sumámonos este martes ás mobilizacións feministas que haberá en todo o estado español así como no exterior en apoio ás compañeiras de Andalucía”, reza o comunicado, tachando á súa vez de “vergoñoso” o pacto de goberno en Andalucía”.
“Están a negociar cos nosos dereitos, usándoos como moeda de cambio e negando a incuestionable realidade da violencia machista e racista, así como a desigualdade entre homes e mulleres”, sentencia a nota.
Escribe o teu comentario