(VÍDEO) Berros de "Fillos de puta!" tras a presentación de Vox en Ourense

O partido nacionalista español baralla presentarse ás locais na capital das Burgas


|

O partido nacionalista español baralla presentarse ás locais na capital das Burgas


Vox en Galicia tiña ata hai pouco unha presenza moi limitada. Formalmente, a penas existían grupos organizados nas cidades da provincia da Coruña. Un dos seus portavoces explicou en Galiciapress que pronto habería presenza formal de Pontevedra.



Roda prensa vox ourense

Rolda de prensa de presentación de Vox en Ourense


Tras o éxito nas eleccións andaluces, hoxe presentouse a primeira delegación do partido españolista na Galicia interior. Foi en Ourense, onde unha xestora formada por cinco persoas indicou á prensa que se botan a andar cuns 100 afiliados.


O coordinador da xestora é Julio Vázquez, quen foi presidente do Club Ourense Baloncesto (COB) e ex-árbitro. Vázquez explicou que un dos primeiros pasos será establecer unha sede física na capital das Burgas e contactar coas comarcas. Na capital, cuxo consistorio está moi atomizado, Vox Ourense parece que ten intención de presentarse ás eleccións municipais da próxima primavera. Está por ver se o logra e se consegue montar mais candidaturas na provincia.


A presentación non estivo libre de polémica. Ducias de mozas congregáronse na Rúa do Progreso para protestar contra a posta en marca de Vox Ourense.


A maioría limitouse a cantar berros como "que se vaian, dille que se vaian, dunha puta vez!" ou mostrar pancartas nas que acusaban de "fascistas". Agora ben, algúns tamén lanzaron berros de "fillos de puta!", insultaron ao líder estatal Santiago Abascal e fixeron xestos ameazantes aos que abandonaban o acto nos seus coches, como mostra este vídeo de A Rexión:







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE