Paco Vázquez chama a crear unha plataforma de dereitas, centro e esquerdas contra a reforma da Constitución

O líder de Vox, Santiago Abascal, foi un dos que aplaudiu a intervención do ex-líder do PSOE coruñés nun evento dunha fundación de Jaime Mayor Oreja (ex-líder da á máis conservadora do PP). O galego compartiu palestra con Esperanza Aguirre e Fernando Eslamiada Wagner (ex-eurodeputado de UPyD e hoxe en Cidadáns). V


|

O líder de Vox, Santiago Abascal, foi un dos que aplaudiu a intervención do ex-líder do PSOE coruñés nun evento dunha fundación de Jaime Mayor Oreja (ex-líder da á máis conservadora do PP). O galego compartiu palestra con Esperanza Aguirre e Fernando Eslamiada Wagner (ex-eurodeputado de UPyD e hoxe en Cidadáns). 


Santiago Abascal foi un dos asistentes ao acto "La necesidad de una alternativa" dentro do ciclo de conferencias sobre "Un nuevo frente popular", en referencia á alianza de esquerdas e nacionalistas que deu o goberno PSOE do Pedro Sánchez. 


Iso si, na súa alocución, o ex-alcalde da Coruña dixo non compartir a visión dos organizadores, a fundación creada por Oreja Valores y Sociedad, de que tal alianza sexa similar á que venceu as eleccións antes da Guerra Civil.  Para el, é un mero "rebumbio de siglas" co "único obxetivo" de "derrogar a Constitución", para o que conta con un "aliado insospeitado, o sanchismo", presuntamente interesado en "lograr a continuidade no poder aínda que sexa á conta de España".


Fronte á suposta deriva separatista do PSOE, o político coruñés propuxo "unha plataforma constitucionalista"  que sirva para "plantar cara desde a dereita, desde o centro e a esquerda"  á reforma da Constitución. 


Vázquez alertou de un "novo período constituínte que atenda as demandas nacionalistas", que buscaría cousas como que as linguas autonómicas fosen as únicas oficiais, como "etapa previa á independencia". Crítico co federalismo do PSOE actual, tamén atacou a nacionalistas e a Podemos por "tentar impoñer os seus valores sociais" e "superar a reconciliación de 1978". 


ATAQUE CONTRA O PRESIDENTE DO GOBERNO

 Vázquez criticou ao presidente do Goberno e secretario xeral dos socialistas, Pedro Sánchez, por querer "seguir no poder á conta da unidade de España" pactando con Podemos e os partidos independentistas. "(Sánchez) Dubidou en ir contra o protagonismo que o seu partido e as súas siglas tiveron nos valores que impulsaron gobernos socialistas anteriores. A actual dirección vai en contra da súa historia", lamentou.


Por iso, chamou a crear unha "plataforma constitucionalista que plante cara á campaña de reforma da Constitución" proposta, segundo explicou, polas forzas que deron o seu apoio a Sánchez na moción de censura. "Esa en a que ninguén nos di que é o que se quere reformar", engadiu.


Vázquez participou hai unhas semanas noutro acto, esta vez partidario, co líder de Cidadáns.A pesar de recoñecer a súa proximidade a Albert Rivera, o ex-edil nunca confirmou os rumores que apuntan a unha posible candidatura polo partido laranxa.



Paco vazquez esperanza aguirre eslamiada wagner

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE