Outra enquisa pon a Cs encima do PP
Vox entraría no Congreso con 29 deputados e o 11,5 por cento dos votos.
Unha sondaxe de Metroscopia coloca a Cidadáns por diante do Partido Popular xa que, se se convocasen hoxe eleccións, o partido de Albert Rivera tería 70 deputados e o de Pablo Casado obtería 68, fronte aos 134 actuais.
Segundo a enquisa, que publica esdiario, o PSOE de Pedro Sánchez situaríase en primeiro lugar con 89 deputados. O cuarto lugar atópase Podemos con 67 escanos.
Expertos afirman que este declive do PP débese ao ascenso de Vox tras as eleccións andaluzas.
Cs tería unha porcentaxe de voto do 20,5 por cento e o PP do 18 por cento, o que supón que Casado obtería 15 puntos menos que as eleccións do 2016 e 4,6 menos que a enquisa do trimestre pasado.
Vox entraría no Congreso con 29 deputados e o 11,5 por cento dos votos.
Escribe o teu comentario