Vigo

Vigo terá que esperar pola nora de Abel Caballero: o mal tempo cancela a súa inauguración
A principal e máis rechamante novidade do Nadal de Vigo 2019, a gran nora de 62 metros de altura, farase aínda esperar. Aínda que estaba previsto que a instalación se inaugurase este domingo, a previsión de mal tempo durante a xornada levou a pospoñer polo momento a apertura ao público.
​(VÍDEO) O Nadal de Vigo xa ten canción oficial...e canción "cachonda"

O tema 'Vigo é Nadal' do artista galego Guillermo Castro será a banda sonora de Vigo encarga de promocionar as festas na cidade olívica e a iluminación. Con todo, ao tema "oficial" saíulle un duro competidor: 'A nora de Abel Caballero' de Fillos do Estramonio, ademais de ser en galego, é un pouco máis pegadiza que o himno do nadal vigués.

Abel Caballero e a iluminación do Nadal de Vigo colonizan a capital de España e Portugal

Os anuncios para promocionar o Nadal de Vigo xa están presentes na capital de España e no norte de Portugal nunha campaña publicitaria do consistorio olívico que ten ao rexedor vigués como protagonista e principal reclamo das festas.

Horas de retencións á primeira hora da mañá na entrada a Vigo por un accidente na AP-9

Segundo a prensa local, a Policía Local de Vigo viuse forzada mesmo a pechar varias entradas á Autoestrada do Atlántico. Ao redor das 9:30 o problema empezou a liquidarse e ao redor das 10:15 xa non se aprecian retencións nas cámaras da DXT .

"Move máis xente o Nadal de Vigo que o Camiño de Santiago" presume Caballero ao presentar a 'rúa Frozen'
Disney converterá a rúa Progreso na "Rúa Frozen", con iluminación e animación especial
O "pelotazo" da cidade deportiva do Celta en Mos desata unha rifa no Parlamento
Rifa entre o PP e a oposición con reproches cruzados de "mafia"
Xa non é posible este ano cambiarse de hospital e deixar Povisa
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) rexeitou abrir un prazo extraordinario para que os cidadáns interesados puidesen solicitar un cambio de hospital dadas as circunstancias xeradas pola venda do hospital Povisa de Vigo a Ribeira Saúde (da norteamericana Centene Corporation).
Policías salvan a un accidentado "en parada cardíaca" traendo un médico porque din que non había ambulancia no Porriño
Axentes da Policía Local do Porriño salvaron a vida o pasado luns a un condutor que se atopaba "en parada cardíaca" dentro do seu vehículo despois de chocar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén do municipio pontevedrés, polo que tiveron que ir ao centro de saúde a recoller a un persoal facultativo debido a que a ambulancia non chegara ao lugar.
Deporte, arte, tecnoloxía, educación...temas do IV Congreso Empresarias de Galicia
A sede de Afundación en Vigo acolle este mércores e este xoves o IV Congreso Empresarias de Galicia, 'Acción e implicación', no marco do cal se celebrarán debates sobre muller e deporte, rural feminino, educación, medios de comunicación, tecnoloxía ou ruptura de estereotipos no ámbito da cultura.
Achan morto a un traballador portuario durante unha descarga no Porto de Vigo
Un operario, que se atopaba realizando labores de descarga no Porto de Vigo, foi achado morto na mañá deste xoves á beira do guindastre dun barco.
Confirmada a fusión de PSA Citroën con Fiat, que prometen non pechar plantas como a de Vigo

Os grupos automobilísticos PSA e Fiat Chrysler Automobiles (FCA) acordaron os termos do acordo de fusión e só falta que o trato reciba o visto e prace dos consellos de administración das compañías, segundo publicou este mércores 'The Wall Street Journal'.De acordo ás fontes consultadas polo diario estadounidense, o consello de administración de PSA xa aprobou o acordo, mentres que a reunión do consello de FCA aínda estaba en progreso.O presidente de FCA, John Elkman, pasaría a ser o presidente da nova compañía, mentres que o conselleiro delegado sería Carlos Tavares, actual presidente de PSA. O resto do consello de administración estaría composto de seis membros do grupo dono de Peugeot e cinco procedentes da compañía propietaria de Fiat.Como parte do trato, PSA pagaría 3.000 millóns de euros aos seus accionistas procedentes da venda dunha parte de Faurecia.

A posible fusión de PSA Citroën con FIAT Chrysler preocupa aos traballadores de Vigo
Sindicatos de PSA Peugeot Citroën en Vigo pediron este mércores "cautela" despois de que o grupo automobilístico haxa confirmado a existencia de negociacións con Fiat Chrysler Automobiles (FCA) para unha posible fusión entre ambas as compañías, pero mostraron o seu temor a que esta operación supoña o peche de "algunha fábrica".
A Coruña sen praias e a Illa do Grove, así quedará Galicia en 30 anos se seguimos contaminando igual


Un novo estudo científico, publicado pola prestixiosa revista Nature, triplica a subida do mar debido ao cambio climático. De feito, uns 300 millóns de persoas viven hoxe en zonas en risco de quedar baixo as augas en 2050, de proseguir o actual ritmo de quecemento global. Galicia, loxicamente non se salva. Por poñer catro exemplos, os mapas previstos para Vigo, A Coruña, O Grove ou a Illa de Arousa son, simplemente, alarmantes.

O nome da ex-ministra Espinosa figura no rexistro de Panamá como directiva dunha empresa que acaba de disolverse

A ex-ministra nega "categoricamene" ter "algo que ver" cunha sociedade en Panamá, pero o certo é que o nome de Maria Elena Espinosa aparece varias veces no rexistro mercantil do antigo paraíso fiscal como directiva á empresa Rodman Polyships International S.A. Así o puido comprobar hoxe Galiciapress consultando documentación oficial do Rexistro Público de Panamá na súa versión electrónica.

Un patinete eléctrico atropela a unha moza en Vigo e mándaa ao hospital en estado grave
Unha moza de 22 anos foi hospitalizada en estado grave no Hospital Álvaro Cunqueiro debido a un golpe na cabeza tras ser atropelada por un patinete eléctrico, este domingo en Vigo.
Arrastreiro galego interceptando pescando ilegalmente preto de Cíes

En horario prohibido, nunha zona próxima ao Parque Nacional onde non se pode pescar e co sistema de localización obrigatorio apagado. Así sorprendeu a Garda Civil a un buque de Marín que non identificou. Boas noticias para o Banco de Alimentos de Vigo, que recibiron 320 quilos de peixe.

​(VÍDEO) Abel Caballero, alcalde e home do tempo: “En Vigo vai nevar cada hora”

O rexedor vigués converteuse nun reclamo para as televisións de toda España. Os espazos humorísticos están sempre á espera das últimas declaracións do mandatario olívico, que non adoitan deixar a ninguén indiferente. Outro ano máis, o Nadal en Vigo parece que vai encher as rúas de xente e de titulares os xornais. 

(Vídeos) Cargas, con tres policías feridos, ao fío do mitin de Abascal (Vox) en Vigo
O arrestado foi identificado como autor de lanzamento de obxectos contra os axentes
Centos de persoas marchan por Vigo para que a Xunta compre Povisa

Unhas 300 persoas manifestáronse este xoves en Vigo contra a venda do hospital Povisa a Ribera Salud (da norteamericana Centene) e para esixir á Xunta de Galicia que adquira o centro sanitario e así "defender a calidade asistencial e os postos de traballo".

Empresas galegas do naval tentan comprarlle Barreiras a Pemex

"As auxiliares non teñen interlocutores para avanzar nos proxectos, aos que poder dirixir as súas queixas ou propostas (...).


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE