A fusión de PSA e Fiat Chrysler significa a creación do cuarto grupo automobilístico mundial, pero desde os sindicatos este acordo -anunciada en outubro pero referendada hoxe- xera "incerteza". Así o expresaron desde a Unión Xeral de Traballadores (UXT) e Comisións Obreiras (CC.OO.), mentres que a Central Unitaria de Traballadores (CUT) teme "recortes a curto prazo" nas factorías.
Feijóo trasladou a este medio que desde o Goberno de Galicia non teñen “confirmación” da decisión dos médicos de familia de negarse a seguir formando MIR, pero mostrou a súa preocupación por este feito do que non atopou “precedentes” a nivel nacional.
O prazo para a captación de proxectos para a High Tech Auto (HTA) de Galicia durará ata o 14 de febreiro 2020. Os emprendedores seleccionados contarán con apoio de expertos do sector da automoción, como os técnicos do CTAG, para acceder ao mercado estatal e internacional.
A presidenta de Adif, Isabel Pardo, recoñeceu a "importancia" da conexión de Vigo e o seu porto co Corredor Atlántico. Por iso, mediante unha carta remitida ao alcalde, Abel Caballero; sinalou que a Comisión Europea ha proposto incluír na rede básica o tramo que discorre pola cidade.
A marca de hoteis de luxo -controlada á súa vez por Marriott International (cuxo accionariado dominan fondos de investimento de Estados Unidos)- faise co 75% do maior estaleiro privado de España. O definitivo adeus de PEMEX a Galicia evidencia que as grandes promesas de investimentos prometidos por Feijóo quedaron en moitísimo menos do anunciado e deixaron a Barreras ao bordo dunha morte que agora podería esquivar. Iso si, fracasa o intento de compra polas auxiliares galegas e queda todo en mans de fondos de investimento de EE.UU. .