A guerra entre Feijóo e Caballero vai máis aló do Celta e esténdese mesmo ao mundo da arte. A Xunta anuncia unha filial do CGAC, o museo que languidece no centro de Santiago, para revitalizar a zona vella de Vigo. O alcalde pon en dúbida que se vaia
A Xunta apelou á "corresponsabilidade" dos accionistas de Hijos de J. Barreiras e lembrou que "no pasado Galicia estivo á altura das circunstancias de Barreiras e agora toca que Barreiras estea a altura das necesidades de Galicia", ao aludir o apoio recibido polo estaleiro no pasado.
O debate sobre se Abel Caballero fai ben en gastarse un millón de euros públicos en luces de Nadal ten un novo argumento. The New York Times, un dos diarios máis prestixiosos do globo, acaba de dedicarlle unha reportaxe. Parece que as alusións do edil socialista menosprezando as luces de Nova York chamaron a atención alén do charco.
O número 6.293 resultou agraciado co segundo dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotería de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie.