Sete evacuados nun accidente múltiple con catro vehículos implicados en Mos

Sete persoas foron evacuadas na mañá deste mércores despois que se rexistrasen catro choques por alcance na autovía A-55 ao seu paso polo concello pontevedrés de Mos.

|

Sete persoas foron evacuadas na mañá deste mércores despois que se rexistrasen catro choques por alcance na autovía A-55 ao seu paso polo concello pontevedrés de Mos.


Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.


Segundo informou o 112 Galicia, membros de Protección Civil da localidade indicaron que sete vehículos víronse implicados en catro accidentes á altura da parroquia de San Mamede de Petelos.

Unha persoa afectada nestes sinistros foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo e os outros seis feridos foron levado ao hospital vigués de Fátima.

Ás 9,30 horas, o 112 Galicia recibiu unha chamada de alerta na que solicitaban medios para un accidente no punto quilométrico 12 da A-55, sentido Vigo.

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e de Protección Civil de Mos, ata o lugar dos feitos desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento das estradas.

Por parte do 112 Galicia tamén se pasou aviso aos Bombeiros do Porriño e á Policía Local.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE