Sting actuará nos concertos de Castrelos en Vigo este verán

O cantante británico Sting actuará o próximo 1 de agosto, no Auditorio de Castrelos, en Vigo, no marco da súa xira 'My Songs', e dentro da programación de festas de verán da cidade, segundo avanzou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.

|

O ex-líder de The Police é o primeiro gran nome internacional confirmado para os concertos gratuítos do verán olívico


O cantante británico Sting actuará o próximo 1 de agosto, no Auditorio de Castrelos, en Vigo, no marco da súa xira 'My Songs', e dentro da programación de festas de verán da cidade, segundo avanzou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.


Sting by MikeSpeaks is licensed under CC BY 2 0

"Sting"MikeSpeaks   CC BY 2.0


O rexedor explicou que a xira deste recoñecido artista está a percorrer Estados Unidos para rememorar os seus grandes éxitos. "Estou encantado con esta actuación, é un cantante extraordinario con moitísimos recoñecementos internacionais, vai ser unha actuación espectacular", afirmou Abel Caballero.

Gordon Matthew Thomas Summer, coñecido como Sting, é un compositor, cantante e activista británico, cofundador da banda The Police. Ao longo da súa carreira, tanto co grupo como en solitario, foi gañador de 17 premios Grammy, ademais doutros recoñecementos. No ano 2014 foi distinguido pola revista Billboard como persoa do ano no ámbito da música.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE