Unha granada de morteiro aparece en Rande e obriga aos TEDAX a intervir

O equipo Técnico Especialista en Desactivación de Artefactos Explosivos (Tedax) da Policía Nacional ha retirado este domingo unha granada de morteiro que apareceu na praia de Rande, no municipio pontevedrés de Redondela.

|

A munición non parece moi antiga, aínda que si presenta evidencias de levar tempo debaixo da auga.


Granda rande

Imaxe da granada difundida polas autoridades



O equipo Técnico Especialista en Desactivación de Artefactos Explosivos (Tedax) da Policía Nacional ha retirado este domingo unha granada de morteiro que apareceu na praia de Rande, no municipio pontevedrés de Redondela.

Segundo explicaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, o artefacto apareceu no medio dunhas rocas da praia e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencias do que atopara.

O dispositivo presenta "evidentes signos do paso do tempo" e ten inscritas unhas letras amarelas nas que se le: 4/61 M457. "Ten unhas dimensións de aproximadamente 40 centímetros e a punta oxidada", precisa o 112.

Tras o seu descubrimento preto das 10,10 horas da mañá, activouse protocolo de prevención e actuación para retirar o artefacto sen causar ningún dano e na operación avisouse á Policía Local de Redondela e á Nacional.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE