Abortan un intento de suicido nas inmediacións do estaleiro Barreiras en Vigo

A Policía Nacional de Vigo evitou o suicidio dun home preto do estaleiro Barreiras na tarde deste sábado, despois de que un achegado do home que tentaba poñer fin á súa vida avisase aos axentes do que ía ocorrer.

|

A Policía Nacional de Vigo evitou o suicidio dun home preto do estaleiro Barreiras na tarde deste sábado, despois de que un achegado do home que tentaba poñer fin á súa vida avisase aos axentes do que ía ocorrer.


Instrumentos empregados para evitar o suicidio dun home en Vigo



Así o confirmou este corpo de seguridade do Estado, que preto de 18,42 horas da tarde do sábado recibiu a chamada desta persoa para alertalos. En cocreto, contoulles aos axentes que un achegado seu o chamara para despedirse, comunicarlle a intención de acabar coa súa vida e tamén lle enviou unha foto.

Grazas a esa imaxe, os axentes puideron identificar un barco que se constrúe nos estaleiros de Barreiras e dirixíronse á zona para evitar que o home acometese o seu propósito.

Unha vez alí, os axentes interviñeron e lograron impedir que o home acabase coa súa vida tras falar con el e actuar de diversas maneiras.

Sacárono da zona na que estaba a través da auga, levárono a un lugar máis seguro e unha ambulancia desprazouse ata o punto para atender ao home.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE