Litros de cervexa causan quilómetros retencións na Autovía A 55
Unha vertedura de cervexa debido a unha avaría sufrida polo camión que a transportaba dificultou este luns a circulación na estrada A-55 ao seu paso polo termo municipal de Mos (Pontevedra).
Toda a mañá leva cortado un carril en Mos en dirección Puxeiros tras un accidente dun camión de cervexa
Para a limpeza da vía foi mobilizado persoal de mantemento do Ministerio de Fomento, Bombeiros do Baixo Miño e efectivos do Servizo Local de Emerxencias.
Foi o condutor do camión quen, ás 10,00 horas deste luns, chamou ao 112 Galicia para informar da situación e solicitar a axuda dos servizos de emerxencias.
Ás 14 horas do luns as retencións continuaban polo menos desde o lugar do suceso, punto quilométrico 11,9, ata o punto quilométrico 14,1, como se pode apreciar na imaxe da cámara da DXT.
Escribe o teu comentario