O líder de En Marea tenta ao barón ourensán a que abandone a disciplina do PP e que faga algo máis que protestar polo peche da instalación verinesa.
“Non hai pediatras", “risco para as nais e os bebés” ou “un Ministerio de Sanidade en funcións que dá igual que exista coma se non” son algúns dos argumentos que utilizou Feijóo para escusar o peche dun servizo que obriga ás mulleres embarazadas ou aos nenos e nenas que teña que acudir ao pediatra en Verín a viaxar, como mínimo, unha hora en coche para recibir a atención médica en Ourense.
Manifestacións en varias cidades e vilas galegas, peche indefinido no hospital, denuncia ante a Fiscalía, Manuel Baltar esixindo unha rectificación e o PP local votando contra a decisión da Xunta. Son cada vez máis as frontes que se lle abren á Xunta polo polémico peche do paritorio, que segue defendendo o presidente alegando motivos de seguridade e negando que sexa un recorte.
Dous dos catro intrépidos opositores que se lanzaron a alugar unha avioneta para poder presentarse ás oposicións en Madrid e Galicia, que se celebraban o mesmo día, lograron praza para quedar na comunidade galega, concretamente en Verín.
Así valora a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia o polémico fin da sala de partos verinesa, que hoxe volveu a defender Feijóo.Gran manifestación en Verín contra o peche de paritorioEl colectivo alerta que se está desmantelando os hospitais comarcais.
Mentres traballadores e afectados iniciaron un peche no complexo hospitalario verinés como medida de presión contra o SERGAS, desde o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular súmanse á ristra de organizacións e movementos que trasladaron o seu apoio ás denuncias dos veciños de Verín e arredores á vez que propón unha solución ao peche do servizo no Hospital de Verín que vai máis aló da fronteira española.
Miles de veciños da comarca de Verín (Ourense) e dos arredores mobilizáronse este sábado contra o peche do paritorio no Hospital de Verín e a supresión do servizo pediátrico no que consideran uns "malos tratos sanitarios do rural".
"A supresión de partos en Verín é discriminación postiva para o medio rural", argumentou o xerente do SERGAS de Ourense, Félix Rubial, tras a polémica decisión de pechar o paritorio do Hospital de Verín. Non o entende así Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde quen, en declaracións a Galiciapress, táchao de "atentado contra os dereitos das mulleres". O edil chama á cidadanía para participar na manifestación convocada para o sábado 30 de novembro ás 17 horas na fachada do complexo hospitalario.
A centralización de servizos nos grandes hospitais provinciais é unha das críticas máis lanzadas contra o sERGAS estes anos desde colectivos profesionais, de usuarios e a oposición.Batas Brancas carga as tintas contra o presidente da Xunta, por permitilo, e sobre todo contra o xerente da EOXI de Ourense, por tomar tal medida. "Non hai que esquecer que o Dr. Félix Ruibal segue imputado como máximo responsable na presunta denegación de tratamentos contra a Hepatite a pacientes falecidos, foi o autor da desfeita da AP de Vigo e as súas actitudes prepotentes e irrespetuosas provocaron que a primeira reivindicación de os Médicos de AP da área de Vigo fose reclamar a súa dimisión", espétalle.
A decisión do SERGAS de pechar o servizo de paritorios do Hospital de Verín espertou o rexeitamento das plataformas en defensa da sanidade pública e dos grupos da oposición do Parlamento de Galicia. Todos eles conclúen que esta política de recortes responde o "desmantelamento" da sanidade pública e piden o cesamento de Ruibal á fronte da xerencia do SERGAS en Ourense.
Un premio de 2.403.024,45 euros euros. Ese é o colosal premio dunha Quiniela selada en Verín, que converteu en millonario a un dos catro acertantes a nivel nacional do pleno ao quince.
Galicia está repleta de festas esta fin de semana, pero una das máis orixinais é a Batucada de Verín. O Concello programou un completo programa de actividades de música e actividades lúdicas pensadas para todas as idades.