Por que aumentaron tanto os casos de gripe? Quirónsalud explícao co termómetro na man
Desde Quirónsalud o doutor Luís Manuel Entrenas incide en que durante o inverno, con refachos de frío prolongado e o aumento de actividades no interior, os contagios aumentan significativamente. Gripe rtve Por iso, os galenos fan un chamamento á poboación en xera para empregar medidas que poidan minimizar os riscos, como o uso das máscaras ou unha correcta ventilación nos espazos pechos.
Despois das festas do Nadal os hospitais de todo o país están a reportar un significativo aumento das consultas, evidenciando a chegada da segunda onda de gripe do inverno no caso de Galicia. A cantidade de contagios nestas datas responde a múltiples factores, pero desde Quirónsalud pon o foco nunha circunstancia que axuda a comprender a cantidade de consultas causadas por enfermidades respiratorias.
RECOMENDACIÓNS
E é que só fai falta botar unha ollada ao mercurio, que en moitos puntos do país marcou temperaturas por baixo dos 0ºC neste comezo de 2026. Os termómetros, en niveis negativos, revelan a intesidad do frío, co exemplo dos -10ºC que alcanzou Manzaneda a principios de mes.
O descenso das temperaturas é un factor de risco, especialmente, para aquelas persoas con patalogías respiratorias crónicas. Desde Quirónsalud o doutor Luís Manuel Entrenas incide en que durante o inverno, con refachos de frío prolongado e o aumento de actividades no interior, os contagios aumentan significativamente.
Por iso, os galenos fan un chamamento á poboación en xera para empregar medidas que poidan minimizar os riscos, como o uso das máscaras ou unha correcta ventilación nos espazos pechos. Estas prácticas poden significar a diferenza entre un arrefriado e complicacións de maior gravidade que precisen dunha atención sanitaria urxente.
O uso de inhaladores para as persoas con problemas respiratorios crónicos ou a vacinación -tanto contra a gripe como contra a Covid-19 ou o virus respiratorio sincitial- son algunhas das recomensaciones para reducir a incidencia e gravidade das infeccións respiratorias, tanto para os enfermos como para coidadores e convivientes. Evitar a exposición ao frío, minimizar o contacto con persoas con infeccións respiratorias e acudir ao médico en caso de acusar calquera tipo de empeoramento, outras das recomendacións dos sanitarios.
Escribe o teu comentario