As dereitas españolas e Venezuela

Manoel Barbeitos
Economista

Fotonoticia 20250715200701 1412
Fotonoticia 20250715200701 1412


 

“A captura de Maduro é unha boa nova sen dúbida… o futuro non é Delcy Rodríguez, o futuro de Venezuela debe ser xestionado por María Corina Machado e Edmundo González Urrutia” (Alberto Núñez Feijóo, presidente do Partido Popular”


Unha vez máis a actuación no exterior de Donald Trump colleu ás dereitas españolas (PP/Vox), moi especialmente ao seu partido maioritario (PP), co pé cambiado, e van... As primeiras reaccións deste partido ao criminal ataque de Estados Unidos a Venezuela -bombardeo de Caracas, secuestro do presidente Nicolás Maduro e a súa esposa, asasinato da garda presidencial e de civís...- seguiron o guion trazado por aquelas dende hai anos de utilizar calquera acción contraria á liña política do goberno español de quenda (PSOE/Sumar) para atacalo aínda que, como sucede neste caso, sexa defendendo unha acción criminal que, como tal, vai contra o dereito internacional e a Carta das Nacións Unidas (artigo 2.4). Unha agresión -segundo o tribunal de Núremberg, o peor de todos os crimes- que a administración Trump acompañaría posteriormente coa declaración de que se apropiaba -pirateaba- dos pozos petrolíferos venezolanos para beneficio das petroleiras estadounidenses -e seguramente para o seu propio-.

 

Para entender esta incrible primeira reacción das dereitas españolas (PP/Vox) hai que lembrar que dende o día seguinte da constitución do goberno actual e contando co apoio dos seus aliados mediáticos, o acusaría de simpatizar co réxime bolivariano chegando a asegurar que un dos seus primeiros membros (PODEMOS) foi financiado polo goberno chavista. Acusacións que a pesar da súa insistencia nunca foron probadas, demostrando así a súa falsidade.


Neste marco estratéxico, como evitarlle a estas dereitas a tentación de utilizar a conxuntura facilitada por Donald Trump para atacar a un “goberno amigo” do réxime bolivariano? Iniciativa política que lle fai a un pensar en cal tería sido a reacción do goberno español en caso de que estas estiveran gobernando. Resulta patético pensar que nese caso Alberto Núñez Feijóo e Santiago Abascal Conde se estarían pelexando por ver quen saía na foto con Donald Trump? Que estarían desta maneira volvendo a avalar un acto criminal, un atentado contra o dereito internacional, como fixeron (PP) cando os ataques a Iraq?

 

Un ataque ao dereito internacional que non so está sendo denunciado nos propios Estados Unidos por políticos/as tan pouco sospeitosos/as de simpatías bolivarianas como Kamala Harris -exvicepresidenta do goberno- e/ou Zohran Mamdani -actual alcalde de Nova York- e por medios de información tan prestixiosos como o New York Times senón que, como era de esperar, recibe tamén á critica das mesmas Nacións Unidas e de moitas democracias no mundo.

 

Pero o ridículo da posición política do Partido Popular, a súa inconsistencia, non remataría aí. Continuaría, cando no colmo da imprudencia e falta de visión política, defende publicamente que “o futuro non é Delcy.... o futuro de Venezuela debe ser xestionado por María Corina Machado e Edmundo González Urrutia..”(sic). Ridículo e inconsistencia políticas ás que hai que sumar a indecencia cando os cachorros do PP -Novas Xeracións de Madrid- piden nas redes que Trump interveña en España (!!) e publican unha foto na que José Luis Rodríguez Zapatero aparece como si el fora o detido e non Nicolás Maduro. Foto que en ningún momento sería desautorizada polos máximos responsables do Partido Popular (PP), non digamos de Vox.

 

Con estas dereitas extremas (PP/Vox) hai razóns dabondo para preocuparse polo futuro se chegan a gobernar en España. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE